Lage Tuñas: “Estamos tomando decisións para reforzar o corpo da Policía Local, despois de moitos anos sen que se renovase a plantilla deste servizo municipal”.
O voceiro do Goberno Local, José Manuel Lage,
anunciou hoxe, no pleno da Corporación, que o concello incorporará este ano 38
policías locais co fin de mellorar a seguridade cidadá. “Estamos tomando decisións
para reforzar o corpo da Policía Local, despois de moitos anos sen que se renovase
o cadro de persoal deste servizo municipal”. O concelleiro de Economía e Facenda
anunciou que “o próximo 10 de marzo outros/as sete axentes entrarán en servizo,
tamén como funcionarios/as de carreira tras o período de prácticas, e o vindeiro 12
de marzo comezarán o seu período formativo outros/as 23 axentes que entrarán na
academia e que estarán traballando nas rúas da cidade este verán.”
Este anuncio enmárcase na súa previsión de mobilizar 413 prazas de traballadores
e traballadoras municipais entre este ano e o vindeiro. Lage asegura que preto da
metade destas prazas serán de nova creación, polo que o cadro de persoal
municipal ampliarase nunhas duascentas persoas. A metade restante
corresponderase con procesos de promoción interna, abertos a persoas que xa son
traballadoras públicas. Dos 38 novos policías que se incorporarán en 2020, oito
destes novos axentes comezaron a súa andaina municipal no pasado mes de
xaneiro como funcionarios de carreira na Policía Local, despois de pasar nos últimos
meses o seu período de prácticas na Academia Galega de Seguridade Pública.
“Neste ano 2020 este Goberno Local aumentará en 38 axentes os efectivos da
Policía Local, máis dun 10% do cadro de persoal total, o que evidencia o
compromiso do Goberno Local de Inés Rey coa seguridade desta cidade”, explicou
Lage Tuñas no pleno, recordando que A Coruña ten uns indicadores de
Nota de Prensa
criminalidade por debaixo da media nacional e moi lonxe dos que teñen outras
grandes cidades, mais que se queren seguir a mellorar. A cidade rexistra 42,26
delitos por cada mil habitantes, a terceira parte dos reflectidos pola estatística en
Barcelona e a metade dos rexistrados en Madrid, e tres puntos menos da media
estatal. “Prometemos o pasado setembro que íamos reforzar o corpo da Policía
Local con novas incorporacións e hoxe, xa en 2020, podemos asegurar que non son
palabras senón feitos”.