Thursday 21 de November de 2024

Rey asegura que a materia de igualdade é unha prioridade para o Goberno local


 

A alcaldesa e a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, presentaron esta mañá o programa de actos que terá lugar este mes con motivo do Día Internacional das Mulleres que se conmemora o domingo

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Igualdade,
Yoya Neira, presentaron esta mañá o programa de actos con motivo da
conmemoración o domingo do Día Internacional das Mulleres, que este ano leva o
lema de “Fomos, somos, seremos… eu son o cambio”. A rexedora sinalou que para
ser ese cambio en primeira persoa, cómpre rachar con estereotipos de
subordinación que se lles atribúen ás mulleres en cuestións de destreza física,
liderado ou emprendemento introducindo a referentes que a rapazada poderá tomar
como exemplos. Nesa diversificación que o concello pretende normalizar, Rey
sinalou que están creando unha rede con Benestar Social á cabeza, que engloba
bibliotecas, instalacións deportivas e culturais, centros cívicos… onde “a cultura se
presenta nos seus distintos formatos para traballarmos dunha forma lúdica e en
grupo os valores que farán que avancemos como cidade e sociedade”.
Ademais, a alcaldesa falou de que as actividades a prol da igualdade de xéneros
son unha prioridade para este Goberno local e lembrou que “hai dous anos que as
mulleres protagonizamos unha revolución, o 8M deixou de ser unha convocatoria

Nota de Prensa

anecdótica para ser un acto multitudinario. Daquela entendemos que o feminismo se
practicaba e que nesa loita estabamos todos e todas: homes e mulleres”.
Pola súa parte, a concelleira agradeceulles ás edilas da Corporación que hoxe
estivesen na presentación porque “se hai algo que nos iguala é que todas somos
firmes defensoras do traballo que aínda queda por facer nesta materia”. Por iso,
animou a deixar aparcado o debate político xa que, entre outras cousas, as cifras
por violencia machista non decrecen, para implicármonos nunha loita que se
realizará tamén a través dun calendario de actos de carácter transversal, que xa
comezou estes días.

A edila explicou que a programación tocará diversos ámbitos, con obradoiros como
“Conversas para o cambio social”, dirixidos fundamentalmente á poboación xuvenil,
e en concreto, ao alumnado de secundaria. Neira explicou que a idea é que sexan
conscientes e “cheguen elas e eles mesmos á conclusión de que existen ambientes
masculinizados e roles que están asumindo como normais”. Ademais, indicou que
haberá exposicións na Casa da Cultura Salvador de Madariaga e na Casa Museo
Emilio Pardo Bazán; obras de teatro no Teatro Rosalía, Centro Ágora e Fórum
Metropolitano; actividades como “As nosas guerreiras” en espazos de atención á
infancia; charlas e mostras na rede de bibliotecas municipais e un ciclo de cine
“Retallos de muller” no Fórum Metropolitano.
Así mesmo, organizaranse exposicións de temática feminista nos centros cívicos e o
28 de marzo realizarase a segunda carreira e marcha solidaria “Querémonos
vivas!”, en que se lle doará o recadado das inscricións a unha entidade que traballe
en proxectos de investigación e de mellora a mulleres con patoloxías como o cancro
de mama. Tamén informou da instalación o domingo de tres puntos violetas –un no
Obelisco e dous na praza de Tabacos- en que se asesorará sobre cuestións de
igualdade e recalcou a presenza do concello na manifestación do 8M, que sairá ás
12.00 horas do Obelisco.

Nota de Prensa

Por último, a edila recordou que se presentará o pacto social por unha” Coruña libre
de violencias machistas” e que empezarán a traballar nas actividades vinculadas a
este xesto cunha formación externa a todo tipo de entidades e persoas usuarias, ao
sector da hostalaría e a colectivos diversos porque “a vontade da concellería está en
traballar ao longo do ano con distintas campañas de concienciación destinadas,
sobre todo, ás mozas e mozos”.