Saturday 16 de November de 2024

O concello reactivará as visitas á lonxa para as persoas usuarias dos centros cívicos e doutros colectivos da cidade


 

A titular de Benestar Social, Yoya Neira, reuniuse esta mañá coa presidencia da Lonxa da Coruña para falar deste asunto e das posibles vías de comunicación entre ambas as partes para proxectos futuros

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e
Participación, Yoya Neira, e varias persoas do seu equipo técnico reuníronse esta
mañá co presidente da Lonxa da Coruña, Juan Carlos Corrás, e o seu xerente, José
Luis Otero.

Na reunión, ambas as partes falaron da reactivación das visitas á lonxa das persoas
usuarias dos centros cívicos municipais ou doutros colectivos da cidade e da
apertura de posibles vías de comunicación entre a lonxa e o concello para futuros
proxectos. Respecto a iso, a concelleira asegurou que “é necesario seguir
traballando na mesma liña na que comezamos esta lexislatura, unha liña de
colaboración estreita entre entidades e administración para axunar esforzos e
conseguir melloras nos diferentes aspectos da vida das persoas”. Neira referiuse á
lonxa e ao porto como “un valor tan presente e importante na historia e no
desenvolvemento da cidade”, motivo polo que “a colaboración debe ser aínda máis
fluída”.