A alcaldesa asistiu esta mañá á entrega de diplomas do programa TEI (Titoría Entre Iguais) ao alumnado de 3o e 5o de Educación Primaria do CEIP Francisco Javier
A alcaldesa Inés Rey asistiu esta mañá no CEIP
Francisco Javier á entrega de diplomas do programa de mellora da convivencia TEI (Titoría
Entre Iguais) ao alumnado de 3o e 5a de Educación Primaria.
A rexedora felicitou a toda a comunidade educativa por integrarse por terceiro ano
consecutivo no programa, porque esta iniciativa “transcende os libros de texto para levarvos
polo camiño do respecto e da tolerancia” e insistiu na importancia de que sexan as propias
alumnas e alumnos quen detecten as situacións negativas e se convertan, deste xeito, en
“axentes activos” do cambio ao analizar actitudes que non suman na convivencia e que lles
serven para previr a discriminación nas aulas e lograr unha escola máis inclusiva.
A alcaldesa destacou o labor realizado polo alumnado ao abordar cuestións que “serven
para previr, informar, formar e educar en igualdade”, e animouno a seguir nunha senda de
respecto á diversidade. “Coido que esta iniciativa vos está axudando a comprender que
todos somos distintas e distintos e que precisamente esa é a riqueza do ser humano”, dixo.
Sinalou que é necesario traballar en común para modificar estas percepcións erróneas e
promover iniciativas deste tipo, “dentro e fóra das aulas para lle axudar a quen está sufrindo
acoso ou bullying” e animou a todas e todos a “trasladar á rúa o que aprendestes para que
deades exemplo e fagades que os que teñan unha venda nos ollos vexan, a denunciar
situacións de humillación e a que levantedes a voz para pararmos estas inxustizas”.
Nota de Prensa
No acto da entrega de diplomas, ademais da directora e do profesorado do centro, tamén
estiveron presentes o concelleiro de Educación, Jesús Celemín, o inspector xefe do servizo
de Xefatura Territorial da Coruña, Iván Mira, o director do Centro de Formación e Recursos,
Emilio Joaquín Veiga, e dúas xogadoras do equipo feminino do R.C. Deportivo.