Friday 22 de November de 2024

A Xunta salienta o labor que realiza a Asociación Viraventos a favor da inclusión social das persoas en risco da Coruña


 

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe en A Coruña a sede da Asociación Viraventos. Arturo Parrado destacou o labor que realiza esta asociación a favor da inclusión das persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade.

Durante a súa visita, o director xeral tamén tivo a oportunidade de coñecer a algúns dos participantes nos programas de inclusión laboral e de apoio que desenvolve esta entidade nas súas instalacións.