Friday 22 de November de 2024

O GES de Brión participa na retirada dun vehículo accidentado e sen feridos na AC-543 na entrada do paseo do Río Pego (Brión)


 

Efectivos do GES de Brión participaron na tarde de onte venres na liberación dun vehículo accidentado que se saíu da AC-543 ao seu paso por Brión e rematou impactando contra unha árbore na entrada do paseo do Río Pego. Un accidente que tivo lugar na Avenida de Noia (parroquia dos Ánxeles) a poucos metros do centro comercial Monte Balado.

Afortunadamente, o accidente saldouse sen feridos e só cos danos materiais do vehículo e os producidos por este na árbore, da que houbo que cortar parte para poder liberar o coche e tamén para retirala da beirarrúa. Na retirada do vehículo participaron o GES de Brión, a Policía Local de Brión e dúas grúas.