Saturday 16 de November de 2024

O concello abre o prazo de inscrición para optar ás prácticas formativas para tituladas/os de FP no estranxeiro do Proxecto Acoreuropa IX


Este programa permitiralles a 12 persoas tituladas en ciclos superiores de FP realizaren prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de diferentes países europeos

A Concellería de Educación e Cultura abre o prazo de inscrición desde o 2 ao 23 de marzo do Proxecto Acoreuropa IX para a adxudicación de 12 bolsas, a persoas tituladas en ciclos superiores de FP, de prácticas formativas de tres meses de duración (finais de setembro a decembro de 2020) en empresas de diversos países europeos.

O programa está dirixido a tituladas/os en ciclos superiores de FP que acadasen a súa titulación en decembro de 2019 ou en xuño de 2020, incluída a FCT (Formación en Centros de Traballo), e que realizasen os seus estudos nalgún dos 9 centros docentes públicos que participan como socios no proxecto. Estes centros son o CIFP Ánxel Casal, o CIFP Escola de Imaxe e Son, o CIFP Paseo das Pontes, o CIFP Someso, o IES A Sardiñeira, o IES Eusebio da Guarda, o IES Fernando Wirtz, o IES Ramón Menéndez Pidal e mais o IES Urbano Lugrís.

O proxecto será desenvolto pola Concellaría de Educación, Cultura e Memoria Histórica, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados, coa colaboración dunha empresa de xestión e as organizacións
Nota de Prensa

intermediarias nos países de destino; e co financiamento da Deputación Provincial da Coruña.

As bases da convocatoria poden consultarse no portal web de Educación do concello a través da seguinte ligazón: http://bit.ly/2veYuny

O documento específico de inscrición estará publicado na web o luns 2 de marzo. As persoas interesadas terán que presentar esta ficha xunto coa documentación esixida en calquera dos rexistros municipais situados no Pazo Municipal de María Pita, no Fórum Metropolitano, no Centro Ágora ou en Mesoiro:

• Xustificante da solicitude debidamente cuberta e asinada. • Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte. • Fotografía recente tamaño carné (con nome no reverso). • Se for o caso, fotocopia do documento de demandante de emprego. • Se for o caso, calquera título oficial de idiomas. • CV Europeo (en inglés). • Carta de motivación (en inglés). • Application form (en inglés).

As 12 bolsas distribúense da seguinte maneira: 2 bolsas en francés en Francia (Burdeos) ou Bélxica (Bruselas) 3 bolsas en italiano en Italia (Padua, Campobasso ou Florencia) 4 bolsas en inglés en Irlanda (Cork) ou RU (Cardiff), República Checa (Praga) ou Austria (Viena, pode ser en alemán) 3 bolsas en portugués en Portugal (Lisboa).

Porén, o órgano competente poderá variar a súa distribución en función da competencia lingüística das persoas seleccionadas e da existencia de empresas axeitadas ao seu perfil profesional e académico nos destinos solicitados.

Nota de Prensa

As bolsas inclúen todos os gastos: as viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de atención sanitaria e responsabilidade civil; e ademais as persoas participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención e estadía de 1.500 €.

O concello, en colaboración coa empresa de xestión Oneco e coas organizacións intermediarias nos países de destino, encargarase de xestionar o programa: organizar as viaxes, buscar os aloxamentos e as empresas de prácticas e tramitar a documentación ante o SEPIE para o recoñecemento oficial destas prácticas.

Para máis información, pódese contactar co Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, no teléfono 981 184 200 ou no correo electrónico educacion@coruna.es