Friday 22 de November de 2024

Viaxes en catamarán dende A Pobra


Achego adxunto os carteis das 10 viaxes que teremos ó Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e pola Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Río Ulla en catamarán dende A Pobra do Caramiñal. Temos programado apara o 3 de maio, mes de xuño, xullo e agosto.

A empresa encargada responsabilizase de realizar as reservas a través da web: www.piratasdenabia.com ou chamando ó 986 320 048.

Dende o punto de información turística da Pobra situado no Museo Valle-Inclán e mais para diante tamén na Casa Mariñeira, ofreceremos información sobre a xestión das viaxes.

As persoas interesadas en ir, xa poden anotarse a viaxe de Sálvora de maio e a de xuño.