A concelleira de Medio Ambiente sinala que en ningún caso se produxo unha situación de perigo na nave coruñesa e que revisaron a diario os acopios que se acumularon nos viarios para garantir a seguridade das e dos traballadores
A concelleira de Medio Ambiente, Esther
Fontán, lamenta as declaracións da conselleira Ángeles Vázquez, en que, segundo
a edila, sementa a alarma de modo innecesario con respecto á planta de residuos
de Nostián ao asegurar que a situación deste verán co acopio de rexeitamentos nos
viarios revestiu o mesmo perigo que o ocorrido no vertedoiro de Zaldívar. Fontán
califica as súas valoracións de inxustificadas “precisamente porque me preocupaba
a seguridade do cadro de persoal, as embalaxes depositadas foron revisadas a
diario por técnicos tanto en altura como en volume”, así como o resto de medidas
adoptadas. Tamén os lixiviados, que foron absolutamente controlados, de modo que
non se produxo situación algunha de insalubridade como sinala a conselleira na súa
intervención na radio: “Comparar Nostián con Zaldívar é inapropiado xa que no
vertedoiro de Euskadi houbo un desprendemento, mentres que os acopios xamais
poderían prender fogo porque non teñen material orgánico susceptible de que se
realice unha combustión”.
A concelleira critica a falta de rigor técnico de Vázquez con respecto á realidade
dunha planta, da que non se pode falar de gravísimo perigo porque nunca se
chegou a ese punto: “Non entendemos a que vén unha comparación dese tipo, en
lugar de contrapoñer sistemas de tratamento de residuos sólidos urbanos neste
Nota de Prensa
momento ou, o que sería más ideal, abrir canais de colaboración entre Sogama e
Nostián”. Fontán lembrou que concellería solucionou este conflito sen a
colaboración da Xunta e que a retirada de rexeitamentos remataron o 4 de outubro e
non en decembro, como indicou de forma equivocada a conselleira.