Yoya Neira expuxo as liñas principais da política de mobilidade do Goberno municipal e destacou a aposta polos traballos sobre mobilidade peonil e a importancia de infraestruturas de mobilidade como a nova Intermodal
A segunda tenente de alcaldesa, Yoya Neira,
asistiu esta mañá en Madrid á Comisión de Mobilidade da Cámara de Comercio de
España, un comité creado pola propia entidade en que participan o Goberno do
Estado, as administracións locais, institucións públicas e privadas e grandes
empresas do sector. O obxectivo desta comisión é ampliar o coñecemento sobre a
mobilidade urbana e identificar as opcións de actuación e as súas diferentes
consecuencias económicas, sociais e ambientais.
Na súa intervención, Yoya Neira agradeceu a invitación a participar nesta comisión
e expuxo as liñas principais da política de mobilidade do Goberno municipal da
Coruña. Neira descatou “a aposta polos traballos sobre mobilidade peonil, os
traballos realizados en materia de Axenda Urbana e a importancia de infraestruturas
de mobilidade” como a nova Intermodal.
Esta primeira sesión, a constitutiva da comisión, tivo lugar en Madrid e nela
decidiuse a creación de tres grupos de traballo sobre a mobilidade interconectada, a
mobilidade segura e sustentable e a mobilidade planificada.
Madrid, Barcelona, Pamplona e A Coruña foron as administracións locais que
participaron nesta comisión constitutiva.