Este equipamento conta na actualidade con 63 usuarios na residencia e 41 no centro de día
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou hoxe nas actividades programadas para celebrar o entroido no centro de día e residencial de Arteixo, incluídos na rede de centros de atención a persoas maiores da Xunta de Galicia e que xestiona o Consorcio en colaboración co concello de Arteixo.
Durante a visita, Perfecto Rodríguez destacou a boa acollida deste centro desde a súa posta en servizo. Na actualidade ten unha ocupación de 63 usuarios na residencia e de 41 no centro de día. Ademais o centro, de carácter interxeneracional, conta cunha escola infantil de 82 prazas.
Durante a xornada os usuarios e as súas familias desfrutaron das diferentes actividades programadas entre as que estaban unha actuación por parte de diferentes membros da Escola Municipal de Música, así como un concurso de comida tradicional desta época de entroido.