Friday 22 de November de 2024

Arranca o Entroido do Concello de Ordes co seu tradicional “Martes de Entroido”


 

No día de onte tivo lugar no pavillón Campomaior o tradicional “Martes de Entroido” no que o protagonismo e a diversión foron para os máis pequenos e pequenas da casa.
Un abarrotado polideportivo Campomaior foi testemuña dunha gran tarde de entroidada na que nenos e nenas do noso municipio pasaron unha tarde de diversión e ledicia dando comezo aos actos do Entroido organizado polo Concello de Ordes. No pavillón non faltaron inchables, obradoiros, animación, xogos, e ata a visita dalgún que outro personaxe famoso como Peppa Pig e Olaf.
Agora o Concello de Ordes comeza a ultimar os preparativos para o “Sábado de Piñata”, que terá lugar o vindeiro sábado 29 e no que o tradicional concurso de disfraces, no que se repartirán máis de 4400 € en premios, porá remate ao Entroido 2020.
Un ano máis o concurso de disfraces conta co patrocinio de Seguros Reale e Jaime Castro.