A choiva obrigou a que parte dos actos tivesen lugar no patio do Colexio Grande Obra de Atocha, pero non impediu que a xornada se desenvolvese con normalidade e no ambiente máis festivo posible
O martes é un dos días grandes do Entroido
coruñés, é o día principal do barrio de Monte Alto. A rúa da Torre e os arredores
viviron unha xornada festiva con diferentes actos durante todo o día.
Por mor da choiva, a organización tivo que cambiar a localización do Concurso
Infantil de Disfraces, que se ía realizar no Campo da Leña e finalmente tivo que
facerse como noutras ocasións no patio do Colexio Grande Obra de Atocha. O
concurso deu comezo ás 17.00 h, as nenas e nenos participantes podían inscribirse
unha hora antes do inicio na oficina instalada ao lado do escenario. As modalidades
nas que se competiu foron a de disfraces en xeral, a de choqueiro e a individual e
grupo (dúas ou máis persoas).
Á mesma hora que o concurso infantil, a música asolagaba a zona, a banda de
gaitas e cabezudos tocaba pola rúa da Torre e arredores. Posteriormente, ás 20.00
h terá lugar a Festa Choqueira na rúa da Torre. Troula que continuou coa
correspondente entrega de premios no Campo de Marte ás 21.00 h
aproximadamente e que seguiu con música a cargo de “Gandy y la Banda del
Camión”.
Nota de Prensa
As persoas gañadoras na modalidade
individual do Concurso de Choqueiros foron:
Primeiro premio de 500 €: Jardín Veneciano
Segundos premios de 300€: Dragón con noces, El monstruo el inodoro, Maléfica del
Atlántico.
Terceiros premios de 150€: La reina de los carnavales del mundo, Sherpa
Deportivista, Kaiju, Azafata, Hiedra venenosa.
Na modalidade de grupo as persoas gañadoras foron:
Primeiro premio de 600€: Os vikingos da reciclaxe
Segundos premios de 400€: Familia Mariachi, Afeptados por el nuevo Chuac.
Terceiros premios de 200€: O polbo das peixeiras, As meniñas, Mago de Oz.
Ademais, as primeiras persoas participantes inscritas levaron 100 lotes de Entroido.
A xornada festiva comezaba ben cedo, ás 10.00 h, co Torneo Choqueiro de
Petanca, nas pistas de Santo Amaro, ao que acudiu a concelleira de Festas, Diana
Cabanas. Máis tarde, ás 11.30 h, empezaba a Festa Infantil de Inchables no Campo
da Leña, e ás 12.20 h o programa en directo “Hoy por hoy Coruña” de Radio coruña
Cadena SER.
As ofrendas florais, a partir das 12.00 h da mañá, coa homenaxe a Fernando Amaro
“Cantero” na rúa Arenal, á que asistiu a alcaldesa Inés Rey, e as ofrendas a
Canzobre, César San José e Juan Manuel Iglesias Mato “Palau”.