Friday 22 de November de 2024

Inés Rey descobre unha placa en homenaxe a Fernando Amaro, “a alma do Entroido coruñés”


 

Familiares, persoas integrantes da Comparsa Monte Alto a 100 e a veciñanza do barrio lembraron o seu traballo para impulsar as festas do Entroido na cidade

A alcaldesa, Inés Rey, descubriu esta mañá unha placa en homenaxe a Fernando Amaro Barreiro, Cantero, traballador municipal e alma do
Entroido coruñés na que se pode ler «En homenaxe a Fernando Amaro Barreiro, Cantero,
porque sempre haberá festa onde el estea e puxo Monte Alto a 100!».
Colocada na fachada da casa no número 41 da rúa Areal de Monte Alto, onde Cantero viviu
parte da súa vida, o concello pretende con esta placa recordar a súa figura como incansable
traballador e coordinador desde o IMCE de todos os eventos culturais e festivos que se
realizaban na cidade, en especial do Entroido, a súa festa favorita e na que se afanaba para
que todo saíse á perfección. “Amaro axudaba sen pedir nada a cambio”, lembrou a
alcaldesa durante o acto.
Acompañada pola concelleira de Festas, Diana Cabana, o edil de Cultura, Jesús Celemín, o
de Deportes, Juan Ignacio Borrego, outros membros da Corporación, dos familiares do
homenaxeado, e dos membros da asociación Airiños da Torre, da comparsa Monte Alto a
100, que Cantero presidóa e dos veciños e das veciñas de Monte Alto, a alcaldesa,
destacou “a súa alma de choqueiro, o seu carácter festivo, o seu don de xentes, sempre
dispoñible se o necesitabas, quedamos coxos sen el”.
Inés Rey sinalou que, neste día, Cantero non querería tristezas, “escollería unha canción,
un himno coñecido por todos e todas para que ninguén quedase atrás e abriría o desfile
pola Torre”.

Nota de Prensa

“Aínda nos queda a tarde máis choqueira pola que Cantero deu tanto a cambio de tan
pouco; así que: Viva o Entroido!”, finalizou a rexedora.
Durante o acto, a coral Airiños da Terra interpretou dous temas: Fisterra e Popurrí de
Camariñas, onde interviñeron todos os membros das comparsas presentes no que foi un
acto moi emotivo para todas as persoas presentes do barrio de Monte Alto.