Un total de trinta nenos e nenas en idade escolar participan estes días nos Campamentos de Entroido organizados polo Concello de Frades, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias de Frades durante estes días de vacacións escolares. O campamento comezou onte luns 24 de febreiro e rematará mañá mércores 26, en horario de 9:30 a 13:30 horas.
A participación nos campamentos é totalmente de balde, se ben por razóns de organización se pediu inscrición previa. A iniciativa inclúe xogos, obradoiros, contacontos e moitas sorpresas para a rapazada.