Friday 22 de November de 2024

Música e lambetadas para festexar o martes de Entroido no concello de Fene


 

Cunha festa infantil baixo carpa, o Concello de Fene continúa esta tarde coas actividades do
seu Entroido 2020. Como é tradicional, os protagonistas deste Martes de Entroido serán os
pequenos para os que se programou unha xornada de baile, música, xogos e lambetadas. A
festa desenvolverase de 17.30 a 20.30 horas na Praza do alcalde Ramón José Souto
González con entrada libre. No descanso da mesma, procederase ao reparto de freixós,
orellas, rosquillas, bola e torradas entre os pequenos que asistan.
Oito establecementos do Concello de Fene colaboran este ano coa Concellería de Cultura
aportando os doces típicos do Entroido que se repartirán esta tarde entre a rapazada durante
a festa infantil. Trátase de: Repostería Sara, Bollería Delipán, Panadería A Broa, Panadería
Amaría, Panadería El Cruce, Panadería Ramón, Repostería Martínez e Supermercados Gadis.
O Entroido de Fene concluirá mañá mércores, 26 de febreiro, co desfile e festival de
comparsas que dará paso á lectura do testamento do Meco, á queima do Antón e, como fin
de festa, ao habitual espectáculo pirotécnico e á verbena nocturna coa orquestra Panamá.