En caso de que a choiva acompañe na xornada, as actividades que están programadas no Campo da Leña trasladaranse ao patio do Colexio Grande Obra de Atocha
O barrio de Monte Alto, e especialmente a rúa
da Torre e os arredores, viven mañá a súa xornada máis festiva do Entroido
coruñés, que comeza ás 10.00 h co tradicional Torneo Choqueiro de Petanca, nas
pistas de petanca de Santo Amaro. As inscricións poden realizarse a través do
Facebook e Twitter do Club Petanca Coruña.
A continuación, ás 11.30 h terá lugar a Festa infantil con inchables no Campo da
Leña. En caso de que chova, a organización informa de que todas as actividades
programadas no Campo da Leña trasládanse ao patio do Colexio Grande Obra de
Atocha. Ás 12.20 h retransmitirase en directo o programa “Hoy por hoy Coruña” de
Radio Coruña Cadena SER, tamén no Campo da Leña, coa localización suxeita a
cambios.
As ofrendas florais da xornada dedicadas a grandes personaxes do Entroido
coruñés darán comezo ás 12.00 h coa homenaxe a Fernando Amaro “Cantero”, na
rúa Areal, onde se colocará unha placa de recoñecemento. A continuación terán
lugar as ofrendas a Canzobre (praza do Parqu), César San José (rúa San Xosé) e
Juan Manuel Iglesias Mato “Palau” (praza Juan Iglesias Mato).
Ás 17.00 será o Concurso Infantil de Disfraces no Campo da Leña e, en caso de
choiva, no patio do colexio. As nenas e nenos participantes poderán inscribirse unha
Nota de Prensa
hora antes do inicio na oficina instalada ao lado do escenario. As modalidades nas
que se compite serán de disfraces en xeral, a de choqueiro e a individual e grupo
(dúas ou máis persoas).
As entregas de premios do concurso de disfraces infantil será no patio do Colexio
Grande Obra de Atocha e as do desfile de choqueiros será no palco que se
localizará no Campo de Marte.
A música asolagará durante toda a tarde a rúa da Torre e os arredores coa banda
de gaitas e cabezudos amenizando a xornada e co concerto de “Gandy y La Banda
del Camión”.
ALTERACIÓNS LIÑAS DE AUTOBUSES URBANOS
Con motivo da celebración das actividades do Entroido e cortándose ao tráfico a
Rúa da Torre (desde a Avda. de Hércules), Praza de España, Panadeiras,
Cordonería e San Andrés (ata rúa Sol), o martes 25 de febreiro a partir das 15:30h,
aproximadamente, produciranse as seguintes alteracións no transporte urbano:
• As liñas 4, 6 e 6A circularán desde San Andrés e Rúa Alta polo Paseo Marítimo
cara á glorieta da Torre, glorieta de Torrente Ballester continuando polo Paseo
Marítimo cara á rúa Beiramar para incorporarse ao seu itinerario habitual na rúa
Orillamar.
• As liñas 4, 6, 6A, 7 e 11 circularán desde a Avda. de Hércules cara á Praza de
Pontevedra por Ramón del Cueto, Curros Enríquez e Paseo Marítimo,
incorporándose por Modesta Goicouría á Praza de Pontevedra onde recuperan os
seus itinerarios habituais, farase unha para ao comezo da rúa Ramón del Cueto.
Nota de Prensa
• Nota importante: As liñas 4, 6, 6A, 7 e 11, ao acceder a Praza de Pontevedra por
Modesta Goicouría non poden facer a parada do instituto Eusebio da Guarda, polo
que a farán fronte ás oficinas do Deportivo (Arenal).
• A liña 17 circulará desde a Avda. de Hércules por Ramón del Cueto, Curros
Enríquez e Paseo Marítimo (cara á Torre de Hércules), continuando polo Paseo
Marítimo cara á rúa Beiramar e incorporándose en Metrosidero ( Maestranza) ao
seu itinerario habitual.
• A liña 5 con saída de Durmideiras continuará pola Avda. de Navarra e rúa da Torre
incorporándose á Avda. de Hércules para baixar por Ramón do Cueto, Curros
Enríquez e Paseo Marítimo, incorporándose por Modesta Goicouría á Praza de
Pontevedra (parada do Deportivo-Arenal) onde recupera o seu itinerario habitual.