Friday 22 de November de 2024

Policía Local da Pobra do Caramiñal nota informativa


 

Dende a Policía local da Pobra do Caramiñal quérese informar toda a veciñanza e condutoras/es de vehículos de que se ten programada unha operación no martes 25 de febreiro, por motivo do desfile do Entroido, na cal se verán afectadas varias vías e rúas da zona urbana, polo cal se chegará a ter que cortar algunhas delas en determinados horarios.
A operación de tráfico comezará ás 17.20 horas. Recoméndase ás persoas condutoras que eviten utiliza-los vehículos pola zona urbana e, se se dirixen a outros municipios, que utilicen as estradas alternativas, como a AG-11 ou as estradas da periferia.
Dende a Policía local pedímoslles desculpas polos posibles trastornos ocasionados e desexámoslles un feliz día do Entroido.