O centro conta con 41 prazas e dá servizo a 43 familias de Coristanco e a súa contorna
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe xunto ao alcalde do municipio, Juan Carlos García Pose, a escola infantil pública de titularidade autonómica de Coristanco. A escola que conta con tres unidades e 41.
Perfecto Rodríguez destacou o servizo que se presta neste centro e que ademais da atención educativa, posibilita a conciliación laboral e familiar dun importante número de familias. A escola pertence á rede autonómica de escolas infantís a Galiña Azul.