Sunday 24 de November de 2024

Pistoletazo de saída aos díasgrandes do Entroido coa entronización do deus Momo


 

A concelleira de Festas, Diana Cabana, asistiu ao acto que se realizou como de costume no Obelisco e que abre os días principais do Entroido coruñés

Como cada ano, a cidade reabre o Entroido
coruñés volvendo poñer no seu trono do Obelisco o deus Momo. A concelleira de
Festas, Diana Cabanas, asistiu ao tradicional acto de entronización do deus
ancestral que cada ano trae a troula á cidade.
A concelleira dirixiuse á veciñanza: “Convidamos a todas as coruñesas e coruñeses
a que gozen deste Entroido, o noso Entroido, que é único no mundo, porque na
Coruña andamos de parranda e durmimos de pé”.
Previamente a este acto tivo lugar na avenida Pedro Barrié de la Maza a ofrenda
floral a Nito, un dos nomes máis sinalados no Entroido coruñés. A asociación
cultural Donaire foi a encargada de lle poñer música á cidade co seu pasacalles ás
19.00 h desde a praza de Lugo ata María Pita.
Mañá, un dos días clave das festas, o desfile tradicional do Entroido percorrerá
desde Os Cantóns, ás 17.30 h, a avenida da Mariña e chegará á praza de María
Pita, con concurso de carrozas e comparsas na modalidade de vestiario e
coreografía. Unha vez rematado o desfile, haberá verbena na praza do concello a
cargo da orquestra La Ocaband.