Friday 22 de November de 2024

A parroquia de Fao (Concello de Touro) vivirá o martes de entroido a súa cita cos Xenerais da Ulla


 

O Concello de Touro vive o próximo martes de entroido, 25 de febreiro, o seu día de celebración do carnaval. A parroquia de Fao celebra o seu entroido, unha das citas no Concello de Touro que ten como protagonistas aos Xenerais da Ulla. A tradicional entroidada comenzará ás 16.00 horas no Campo da Festa de Fao coa Rumba da Susita. Contará a continuación co discurso do ‘correo’ e dos ‘xenerais da Ulla’. Estos protagonistas abordarán en coplas a viva voz temas de actualidade política e do momento. Os ‘xenerais’ replicaránse e contrarreplicaránse ante os veciños e forasteiros que acudan ata o campo da festa de Fao. Tamén participará a ‘vellada ca súa troulada’. E non faltarán os ‘consellos dos frades’, que predicarán en verso as anécdotas acontecidas na parroquia de Fao. Tamén está previsto o tradicional enterro do entroido de Fao. E outras trangalladas. Ao remate da entroidada sortearase un potro, ata que toque.