Instalaranse paradas provisionais, en ambos os sentidos de circulación, na avda. do Porto, nas proximidades do Quiosco Alfonso
[13:09, 21/2/2020] Normalizacion: Con motivo da realización do desfile de carrozas do Entroido, desde as 15.30 horas de mañá, estará cerrada ao tráfico a saída da cidade pola rúa Juana de Vega, Compostela e Sánchez Bregua, e Os Cantóns en ambos os sentidos. Deste xeito, produciranse as seguintes alteracións no transporte urbano:
• As liñas 3 e 7, a partir das 15.30 h, hora prevista de corte dos Cantóns, pasarán a circular desde Santa Catalina por San Andrés, rúa Alta, Paseo Marítimo, rúa Hospital, praza de España, Beiramar e Abente y Lago, onde recuperan o seu itinerario habitual.
• A liña 3A, en sentido Durmideiras cara á praza de Pontevedra, circulará pola avda. de Navarra, rúa da Torre, praza de España, Panadeiras, San Andrés e praza de Pontevedra. Incorporarase en Juan Flórez ao seu itinerario habitual.
• As liñas 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A, desde a praza de Ourense circularán pola avda. do Porto, túnel do Parrote e glorieta das Ánimas. A 5 e a 17 continuarán polo Abente y Lago e Mestranza, onde se incorporarán ao seu itinerario habitual, mentres que as restantes (1, 1A, 2, 2A, 23 e 23A) regresarán polo túnel do Parrote e avda. do Porto á praza de Ourense, onde recuperarán o seu itinerario habitual.
• A liña 17, en sentido de circulación cara ao CHUAC, desde Mestranza baixará á glorieta das Ánimas, túnel do Parrote, avda. do Porto e praza de Ourense, onde recuperará o seu itinerario habitual.
• As liñas 21 e 22, desde Catro Camiños circularán por Castiñeiras, Federico Tapia, praza de Galicia e Francisco Mariño. Farán cabeza de liña en Juan Flórez 10, onde a 22 recupera o seu itinerario habitual. A liña 21 continuará por Juan Flórez cara a San Pedro de Mezonzo, Catro Camiños e Ramón y Cajal onde se reincorporará ao seu itinerario habitual.
• As liñas 24 e UDC, desde a avda. de Alfonso Molina circularán por Federico Tapia, praza de Galicia e Francisco Mariño e farán cabeza de liña en Juan Flórez 10, onde recuperan o seu itinerario habitual.
Instalaranse paradas provisionais, en ambos os sentidos de circulación, na avda. do
Porto, nas proximidades do Quiosco Alfonso.