No día de onte realizouse a presentación conxunta dos Concellos de Ordes (entidade promotora do proxecto), Frades e Mesía para a solicitude dun obradoiro dual de emprego que engloba dúas especialidades en materia forestal, segundo a Orde do 27 de decembro de 2019 da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 14, do 22 de xaneiro de 2020) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o 2020.
O obradoiro contará na súa III fase con 20 alumnos/traballadores/as durante 9 meses e as especialidades que se van a desenvolver serán:
1. AGA345_2 REPOBOACIÓNS FORESTAIS E TRATAMENTOS SILVÍCOLAS.
2. AGA399_1 ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES.
As actuacións que se levarán a cabo dentro do noso concello son as seguintes:
PARCELAS PARROQUÍA
FINCAS EXISTENTES Área de esparcemento no parque empresarial de Merelle ORDES
Finca P-85 do parque empresarial de Merelle ORDES
Brañas de Pumariño BUSCÁS
Trillón BUSCÁS
Queiroal ARDEMIL
Brañas ARDEMIL
Área de Adina ARDEMIL
Campo da festa de Parada PARADA
Entorno da capela de San Pedro de Adrán VILAMAIOR
Entorno dos Marchás VILAMAIOR
Fincas do campo de fútbol de Barbeiros BARBEIROS
A revolta de Mosqueira LEIRA
Balada do croio LEIRA
O prado de abaixo LEIRA
Monte do pozo LEIRA
Prado de Ramos BARBEIROS
FINCAS NOVAS Finca do curro VILAMAIOR
O brañon VILAMAIOR
Fonte das meigas VILAMAIOR
Chousa de soleiros BARBEIROS
Arriba da carbeira VILAMAIOR
Costa do pereiro VILAMAIOR
Chousa muiño antigo BUSCÁS
Chousa a maquía SANTA CRUZ DE MONTAOS
Chousa da capilla SANTA CRUZ DE MONTAOS
Chousa da lata BEÁN-PEREIRA
Brañon BEÁN-PEREIRA
Diante do patelo BEÁN-PEREIRA
Entorno da senda do rio da Fraga ORDES
Nos Concellos de Frades e Mesía as actuacións son:
PARCELA PARROQUIA
FINCAS EXISTENTES Finca O Carballal PAPUCÍN
Campo de fútbol de Vitre VITRE
Punto limpo de Frades-Mesía CÉLTIGOS
A Ponte Carballa ABELLÁ
Finca a Presa GAFOI
Local social Añá AÑÁ
Praza da Ponte Carreira GAFOI
Área o muiño de Céltigos CÉLTIGOS
Os pasos de Aiazo AIAZO
Finca Gasalla ABELLÁ
Piscina municipal de Papucín PAPUCÍN
Finca do campo de fútbol de Ponte Carreira GAFOI
FINCAS NOVAS Cabezo ABELLÁ
Finca Sanamil AÑÁ
Local social de Aiazo AIAZO
Parque praza de Moar MOAR
Local social de Ledoira LEDOIRA
Praza de Papucín PAPUCÍN
San Nicolau PAPUCÍN
PARCELA PARROQUIA
FINCAS EXISTENTES Praza de Albixoi ALBIXOI
Praza de Bascoi BASCOI
Praza de Boado BOADO
Praza de Mesía MESÍA
Área recreativa de Olas OLAS
Praza de Visantoña VISANTOÑA
Área deportiva complexo polideportivo de Xanceda XANCEDA
Viveiro municipal CUMBRAOS
Praza de Cumbraos CUMBRAOS
Finca na Rivas MESÍA
Finca Braña do Vilar MESÍA
Brañas de Valga VISANTOÑA
ORZAMENTO TOTAL DO PROXECTO XERAL DO O.E. BRAÑAS DO ILLÓ-RÍO SAMO III 399.871,81 €.
O obradoiro dual de emprego está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria cun orzamento total de 346.946 € repartidos do seguinte xeito:
• Custos de persoal directivo docente e de apoio e alumnos/as traballadores/as (salarios e seguridade social): 319.874 €.
• Gastos de xestión e gastos de material e correntes: 27.072 €.
O resto do orzamento necesario para o proxecto e a indemnización por fin de contratos do persoal será asumido polos concellos participantes no obradoiro ata un total de 52.925,81 € dos cales 13.676,83 € correspóndenlle ao Concello de Frades, 5.854 € ao Concello de Mesía e finalmente 28.582,83 € ao Concello de Ordes como entidade promotora do obradoiro.