A Mesa Local de Comercio realizou esta tarde unha reunión en María Pita onde se presentou o Plan de dinamización comercial 2020-2021
A Mesa Local de Comercio realizou esta tarde en María Pita a primeira xuntanza de traballo deste mandato na que a alcaldesa, Inés Rey, que delegou a presidencia na concelleira de Comercio, Turismo e Mercados, Diana Cabanas, destacou a importancia que ten o pequeño e mediano comercio na revitalización económica da cidade.
Na sesión, o concello presentoulles ás asociacións unha proposta para crear unha aplicación móbil que sirva de soporte e escaparate virtual do comercio local. A intención das persoas responsables municipais é que esta app lle permita á veciñanza coñecer os distintos comercios, a súa localización e datos de contacto, así como os seus produtos a través de diferentes opcións. As e os comerciantes terían a posibilidade ademais de realizar campañas de promoción a través da aplicación. Esta medida forma parte do Plan de dinamización comercial da Coruña 2020-2021 exposto ás entidades e asociacións para a súa valoración.
Un plan, explicaron na reunión, que consolida e amplía as actuacións que xa estaban en marcha. Nesta liña, o concello, a través de Tendas a Exame en liña, poñerá en marcha un programa piloto destinado ao pequeno e mediano comercio para resolver as dificultades no ámbito do márketing en liña, páxina web, vendas e posicionamento en liña. Dispón dun orzamento de 40.000 euros para a primeira edición, que se desenvolverá de maio a novembro de 2020.
En canto ao programa Tendas a exame presencial, cuxo obxectivo é resolver as principais dificultades ás que se enfronta un gran número de comerciantes para manter o seu negocio, está previsto que se leve a cabo nos barrios de Catro Camiños- Gaiteira (setembro de 2020-
Nota de Prensa
febreiro de 2021), Castrillón-Oza (febreiro- xulio 2021), Labañou-Rosales-Riazor (setembro 2021-febreiro 2022). Cunha duración de cinco meses e un orzamento de 39.722, 22 euros para cada edición, o programa inclúe cursos de consultoría en márketing, de escaparatismo, de economía, fiscalidade e innovación. Os establecementos que participan reciben o asesoramento dunha persoa especializada en comercio que, tras visitar durante varias xornadas o negocio, identifica os seus puntos fortes e débiles e propón medidas e accións para renovar e mellorar o comercio.
Outro dos proxectos que se consolida é o de Mercados urbanos e dinamización comercial que, cun orzamento de 150.000 euros, busca promocionar o comercio de proximidade e fortalecer a relación das persoas residentes co comercio da súa zona á vez que se intenta atraer a nova clientela doutros barrios. Entre os servizos que presta o concello está a instalación de carpas e xogos para nenas e nenos, a xestión da publicidade e dos espazos para foodtrucks, así como a seguridade durante a súa realización.
Para impulsar o pequeno comercio no último trimestre do ano, a Área de Comercio programará distintas actividades arredor da festa do Samaín nas que poderán participan as nenas e os nenos de Educación Primaria dos centros educativos que o desexen. Nesta convocatoria, a iniciativa esténdese a distintos barrios da cidade con talleres e pasacalles e a celebración dun concurso de escaparatismo. A acción inclúe un sorteo de vales de compra para promocionar a venda.
A campaña de Nadal cun orzamento de 260.000 euros tamén chegará este ano a todos os recunchos da Coruña con distintas atraccións e un concurso de escaparatismo. Papá Noel e os paxes reais visitarán os barrios e o mercado do Nadal instalarase en María Pita. Ademais, mantense o mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade que se realiza no Campo da Leña o primeiro domingo de cada mes de 11.00 a 17.00 horas, que inclúe actividades paralelas como degustacións, talleres e actuacións. Ademais, se esta a estudar unha nova ubicación para realizar outro mercado o tercer domingo do mes.
Doutra banda, presentouse un mapa de zonas comerciais para a liña 26 do EIDUS. O concello adquirirá equipamento e infraestruturas (carpas, casetas e baños móbiles) e xestionará os espazos para a instalación de mercadiños en distintos puntos da cidade. O
Nota de Prensa
mapa que recolle as zonas preferentes e súa área de influencia inclúe: praza da Leña, praza de Vigo, praza da Tolerancia, praza das Conchiñas, praza de San Cristovo, praza da Fábrica de Tabacos, e praza de Pablo Iglesias. Este programa forma parte do proceso participativo do EIDUS, proyecto que se enmarca dentro da estratexia EidusCoruña, que está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional (FEDER) no marco do eixe de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.
E, por último, as e os integrantes da Mesa analizaron o proxecto presentado pola asociación de praceiras/os do mercado de abastos Eusebio da Garda que quedara pendente de aprobar na última convocatoria de subvencións da Xunta
A Mesa quedou constituída do seguinte xeito:
Presidenta: concelleira de Comercio, Emprego e Turismo, Diana Cabanas
Vogais: Representación comercial e de consumidores Asociación Zona Obelisco Centro comercial urbano Agra Barcelona Asociación de comerciantes Distrito Mallos Asociación de vendedores do Mercado de Elviña Asociación do Mercado de San Agustín Asociación de vendedores do Mercado Eusebio da Garda Federación de Comercios Coruñesa Asociación de Amas de Casa, Consumidores y Usuarios
Potestativos -Presidencia da Federación Coruñesa de Comercio -Presidencia da Cámara de Comercio da Coruña
Nota de Prensa
Representación municipal -Concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Acón Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada Concelleiro de Educación, Cultura e Memoria Histórica, Jesús Celemín, -Concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán -Dirección de Área de Innovación, Emprego, Turismo e Comercio, Emilio Lesta -Xefatura de Servizo de Emprego e Empresa -Xefatura de Departamento de Emprego -Xefatura de Sección de Mercados -Técnico/a Superior de Consumo
Representación autonómica -Representante da Concellería de Economía, Emprego e Industria
Secretaría: -Xefatura de Departamento de Promoción Económica e Comercio