Máis de 300 quilos de alimentos e un número importante de produtos de hixiene e xoguetes foi o que se acadou onte no Día da solidariedade de Ordes. Unha iniciativa veciñal para axudar ás familias máis necesitadas do municipio e que contou coa colaboración do Concello, Cruz Vermella Ordes e a asociación Movida Ordes. Dende primeira hora da tarde de onte o campo de fútbol de Vista Alegre congregou a máis de 200 asistentes para presenciar os encontros de fútbol gaélico disputado tanto entre os 26 adultos como entre os 20 nenos e nenas que se inscribiron. Partidos cos que se puso en evidencia a repulsa de todo o pobo en contra da desigualdade económica, social e de xénero. Tamén houbo xogos e actividades de tempo libre para todos, incluída unha gran foliada a cargo da asociación Camiño Real de Polulo.
Xa pola noite a cita solidaria continuou no café concerto Acero, onde tivo lugar un concerto no que moitos bailaron e disfrutaron coas actuacións de Monchos, Fliying Boogaloos, Siempre Fiel e o colectivo tecno Boura Máis. Gracias a eles a cita coa solidariedade en Ordes prolongouse ata máis aló da media noite.