Saturday 16 de November de 2024

Últimas prazas libres para os obradoiros de disfraces e cociá entroideira


Este mércores, 19 de febreiro, remata o prazo para anotarse no “Obradoiro de disfraces e xincana” e no taller “Cociñamos en familia!” que organiza a Concellería de Cultura de Fene no marco do ciclo “Fene vai de entroido”. Os/as pequenos/as que desexen apuntarse poden facelo no Departamento de Cultura do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán dta.) até o mércores, incluído, en horario de 8.30 a 14.00 horas.

O obradoiro de cociña entroideira “Cociñamos en familia!” terá lugar o luns 24 de febreiro, de 17 a 19 horas, no local do CCRD de Perlío. Vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos (acompañados dunha persoa adulta). Nel, os/as participantes elaborarán en parellas doces típicos do Entroido coma rosquillas, orellas ou torradas. A actividade é de balde pero o número de prazas é limitado (12 nenos/as + 12 adultos).

Pola súa parte, o “Obradoiro de disfraces e xincana” desenvolverase o martes 25 de febreiro, de 11.30 a 13.30 horas, no local do Casino de Perlío e vai dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos (máximo 20 prazas). Nel, os/as participantes realizarán máscaras e complementos para personalizar o seu disfraz. Ademais, participarán na xincana “Na procura do Entroido” na que terán que superar unha serie de probas de destreza e inxenio. Actividade tamén de balde.

Para incribirse en calquera dos obradoiros do ciclo “Fene vai de entroido” cómpre achegarse polo Departamento de Cultura do Concello de Fene até 19 de febreiro en horario de 8.30 a 14.00 horas. Ese mesmo día finaliza o prazo de inscrición para as agrupacións que queiran participar no desfile e festival de comparsas que ter