Thursday 21 de November de 2024

Infraestruturas inviste 275 mil euros en diversas actuacións na rede de saneamento na cidade


A concellería está a realizar estes labores na Agra da Bragua e na rúa Atenas, mentres que na avenida Fisterra e na avenida Nova York xa se remataron as obras de saneamento

A Concellería de Infraestruturas está a realizar diversas actuacións na rede de saneamento da cidade co obxectivo de levar a cabo un mantemento óptimo nesta infraestrutura urbana fundamental para a correcta condución das augas residuais e o seu correspondente tratamento.

Na rúa Agra da Bragua a área de Infraestruturas deron comezo as obras de saneamento coa renovación do colector de fecais entre o número 9 da devandita rúa e o cruzamento coa rúa Panamá, nun tramo duns 30 ml. O orzamento da actuación nesta rúa do barrio do Ventorillo é de 22.000 euros.

Por outra banda, na rúa Atenas da Zapateira tamén comezaron os traballos para a construción dunha rede de saneamento separativo, con colectores de PVC para as augas fecais e pluviais, que discurren en paralelo nun trazado duns 140 ml. Ademais, disporase dunha rede de sumidoiros e rigolas para a condución das augas de choiva cara a nova rede. Estas obras tamén contemplan a renovación completa do pavimento da rúa e o seu orzamento é de 179.170 euros.

Canto aos labores de saneamento que xa foron rematados, e segundo informa a Concellería de Infraestruturas, a avenida Fisterra e a avenida Nova York xa dispoñen dunha nova rede de saneamento. Na avenida Fisterra renovouse o colector de fecais entre os números 294 e 312 nun tramo duns 70 ml e repuxéronse os pavimentos a carril completo cun orzamento aproximado duns 45.000 euros. Na
Nota de Prensa

avenida Nova York, os traballos consistiron na substitución da tubaxe de pluviais entre os números 3 e 5 da devandita vía, fronte ao colexio Fillas de Xesús, nun tramo duns 60 ml. Así mesmo, ampliouse a recollida de pluviais coa instalación dun sumidoiro adicional na zona e renováronse as beirarrúas para unha mellor accesibilidade a contorna do colexio. As obras de saneamento da avenida Nova Iorque dispuxeron dun orzamento de 30.000 euros.