A partir das 10.00 h poderán mercarse as entradas en Ataquilla, Eventbrite e no despacho de billetes da praza de Ourense
Este venres día 14 de febreiro ás 10.00 h sairán á venda as entradas do concerto de Mika, que terá lugar o 30 de xullo no Coliseum. O intérprete de “Grace Kelly” visitará A Coruña para presentar o seu novo traballo “My Name is Michale Holbrook”, nunha xira que percorrerá as principais cidades europeas e estadounidenses.
Con máis de 10 millóns de discos vendidos ata a data, Mika converteuse nun artista de ouro e platino en 32 países de todo o mundo e demostrou ser un verdadeiro home do Renacemento que amosa os seus moitos talentos como escritor de cancións, intérprete, deseñador de moda, ilustrador e columnista.
Entradas dispoñibles nas seguintes canles: www.ataquilla.com, www.eventbrite.com e no despacho de billetes da praza de Ourense (A Coruña).