O pleno aprobou financiar o obra de substitución do firme de formigón por adoquín igual ao do centro urbano
O último pleno da Deputación da Coruña celebrado o pasado venres aprobou a firma dun convenio por importe de 90.000 euros para a mellora do saneamento e a pavimentación na rúa Pepe Miñones, en Corcubión.
Segundo o texto do acordo, o obxectivo desta colaboración é actuar nun tramo viario para peóns e automóbiles e continuar así coa posta en valor do conxunto histórico-artístico de Corcubión e o seu entorno. O proxecto inclúe tamén a humanización de espazos actualmente degradados mediante a substitución do pavimento de formigón por outro de adoquín de granito igual ao que conforma o interior do casco histórico.
Nesta mesma actuación está prevista a creación dunha rede que recolla e canalice tanto as augas pluviais como residuais para conducilas aos pozos de saneamento que se construirán na estrada AC-445, de titularidade autonómica.
Seguridade viaria en Dumbría
Tamén no último pleno deuse luz verde a un convenio co Concello de Dumbría que, grazas a unha achega provincial de 90.000 euros, servirá para a pavimentación do acceso a Bustelo-Salgueiro.
O viario no que se actuará ten unha lonxitude de 510 metros lineais e 5 de ancho e, tal e como queda reflectido no proxecto, ampliarase o actual camiño ao longo de 175 metros. Nos 335 restantes habilitaranse dúas sendas peonís, de 1,50 metros de ancho a ambas marxes da calzada, para dar acceso ás vivendas. A obra realizarase sobre a actual cuneta, polo que é preciso canalizar a recollido da augas pluviais e a execución dun total de 18 arquetas.
A obra completarase coa sinalización horizontal de todo o tramo co pintado dos bordes, os símbolos de advertencia, pasos de cebra ou isletas.