O vicepresidente da Xunta sinalou que este concello é exemplo dos beneficios da colaboración xa que a pola xestión conxunta de servizos na Mancomunidade de Municipios Arousa Norte recibiron un Premios Coopera
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta maña no concello coruñés da Pobra do Caramiñal, as instalacións que comparten a Policía Local e a Brigada de limpeza viaria e xardinería.
Alfonso Rueda, acompañado do alcalde da localidade, Xosé Lois Piñeiro; da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, indicou que mediante esta actuación levada a cabo nas dependencias da Policía Local, permítese por unha banda, aproveitar mellor o espazo, e por outra banda, mellorar as condicións de traballo do persoal destes dous servizos.
Este concello é exemplo dos beneficios da colaboración coa Administración autonómica e entre entidades locais, xa que a pola xestión conxunta de servizos na Mancomunidade de Municipios Arousa Norte recibiron un Premios Coopera grazas ao proxecto Prestogal que permite compartir os recursos destes concellos nun ámbito tan importante como os servizos sociais.