As entradas para o concerto poñeranse á venda este venres, ás 12.00 horas, a través de Ticketmaster e en El Corte Inglés
A xira española que Alejandro Fernández realizará na última recta do ano incluirá unha parada o 6 de decembro no Coliseum para presentar o seu álbum “Hecho en México”, que publicará o venres, o mesmo día en que estarán dispoñibles as entradas para velo. As localidades sairán á venda ás 12.00 horas en Ticketmaster e en El Corte Inglés. Ademais, o artista actuará en Málaga, Tenerife, Bilbao, Madrid e Barcelona e dará por vez primeira concertos en Londres e París, destinos que se unen a toda unha xira americana xa confirmada.
Alejandro Fernández interpretará os temas do novo disco “Hecho en México” (Universal), que é 100% mariachi. Son once historias diferentes de amor e desamor para as que contou coa colaboración de Christian Nodal, Luis Carlos Monroy, Jorge Massias e Chico Elizalde e que gravou entre Barcelona, Los Ángeles e Nova York. Trátase dunha homenaxe a un xénero que o cantante soubo levar ao seu terreo e que inclúe os sinxelos “Caballero” e “Te olvidé”.
Alejandro Fernández vendeu máis de 35 millóns de discos en todo o mundo cos que chegou a ser número un en México, Estados Unidos, España e América Latina. En todo este tempo, obtivo numerosos recoñecementos e colaborou con artistas como Beyoncé, Christina Aguilera, Gloria Estefan, Marc Anthony, Rod Stewart ou Plácido Domingo, seguindo o legado do seu pai Vicente Fernández, sen esquecer as raíc