As obras mellorarán a seguridade de peóns e vehículos nos viais e camiños das parroquias de Nogueira, Ciadella, Grixalba, Cumbraos, Codesoso, Roade, Carelle, Pousada e Porta
A Deputación da Coruña investirá 618.576,22 euros na reparación de viais e camiños en diferentes parroquias do Concello de Sobrado. As obras financiaranse a través do Plan Único (POS+2019) e terán como obxectivo mellorar a seguridade de peóns e vehículos no municipio.
As actuacións incluirán o acondicionamento de viais nas parroquias de Nogueira, Ciadella, Grixalba, Cumbraos, Carelle, Pousada e Porta e a mellora de camiños en Codesoso, Cumbraos, Roade, Carelle e Porta. Con estas accións, a Deputación busca mellorar as diferentes rutas situadas no municipio para garantir a seguridade da veciñanza e dos peregrinos que pasen pola zona, así como dos vehículos que transcorran polas estradas.
Desde a súa creación, o Plan Único permitiu aos concellos da provincia financiar numerosas obras de mellora nas pequenas estradas rurais de titularidade municipal, contribuíndo a aumentar a seguridade de vehículos e peóns