O proxecto inclúe o repintado das prazas de aparcamento e renovación da recollida de pluviais
A Deputación da Coruña aprobou na última sesión plenaria unha achega de 89.350,01 euros para que o Concello de Miño realice obras de pavimentación en varias rúas do municipio.
En concreto, tense previsto pavimentar as rúas Loios, Taina e Pumariega e nas dúas últimas pintaranse de novo as prazas de aparcamento e outras sinais horizontais. En Loios, ademais, o proxecto inclúe tamén a renovación da recollida de pluviais.
A inversión da Deputación representa o 100% do orzamento.