O proxecto inclúe a instalación dunha cuberta ao longo de 447 metros cadrados con material de chapa sobre correas de aceiro
O pleno da corporación provincial aprobou na súa última sesión o financiamento da obra de cubrición da grada no campo de fútbol de A Veiga, en Cabanas. A Deputación asumirá en solitario o custe da obra, dun total de 32.790,64 euros, a través dun convenio co Concello de Cabanas.
Ademais da cubrición da grada cunha cuberta de 447 metros cadrados con material de chapa e correas de aceiro, o convenio tamén inclúe a reposición da rede de parabalóns ao longo de todo o perímetro do campo.
Tractor para A Capela
Ademais, o pleno tamén autorizou a firma dun convenio co Concello da Capela para a compra dun tractor compacto que se dedicará á limpeza tanto de viarios municipais como de parques e xardíns.
Ao igual que a obra no campo de fútbol de Cabanas, a Deputación asumirá o total do custe do tractor, 39.583,03 euros.