Friday 22 de November de 2024

X Feira de Oportunidades do concello de Ordes


O vindeiro xoves día 13, arranca no 2º andar da Praza de Abastos de Ordes a X Feira de Oportunidades organizada polo Concello de Ordes en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES).

A Praza de Abastos será a localización escollida un ano mais, e con éste vai xa unha década, para a celebración da Feira de Oportunidades que organiza o Concello de Ordes. Nela, todo aquel que se achegue dende o vindeiro xoves 13 ata o sábado 15 pola Praza de Abastos, poderá atopar as mellores ofertas en roupa, deporte e complementos. O horario de apertura será de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas.
Os participantes na X edición da Feira de Oportunidades son:
• Alfombra Roja (zapatería)
• Blanco Moda (infantil e xuvenil)
• Carma (zapatería)
• Chic (moda muller)
• Dress (moda muller)
• Juan Carlos Varela (moda infantil)
• Muxa (moda muller)
• Peteiro (decoración)
• Arco Iris (mercería)
• Dana e Aine (complementos)
• Numa (moda muller)
• El Mercado del Retal.
A maiores, o Concello de Ordes porá a disposición das persoas que visiten a feira un servizo de recuncho infantil. Este servizo estará dispoñible en horario de 18 a 20 horas ampliándose o sábado en horario de mañá de 10:30 a 12:30 horas.
A X Feira de Oportunidades está organizada polo Concello de Ordes en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES).