Os ‘xenerais da Ulla’ serán os protagonistas no entroido de Bama, o próximo domingo 16 de febreiro, e de Fao, o martes de entroido 25 de febreiro. O peche das celebracións no Concello será o 5 de marzo no desfile na Feira do Entroido em Fonte Díaz
Comenza xa o Entroido de Touro, unha das festas con máis tradición no Concello e na Comarca da Ulla. O domingo, día 16 de febreiro, a parroquia de Bama celebra o seu domingo de ‘corredor’, unha das celebracións do entroido que ten como protagonistas aos ‘xenerais da Ulla’, que lembran a batalla entre o xeneral amotinado Solís e o xeneral que capitaneaba as forzas leais á raiña Isabel II. Pola mañán está prevista a saída pola parroquia da parranda e e dos xenerais da Ulla. As actuacións continuarán a partir das 16.30 horas no Campo da Festa de Bama. Haberá enfrontamentos ‘verbais’ entre os xenerais sobre a situación política en España e no resto do mundo e tamén a ‘parranda’ cantará ás súas coplas.
O martes de entroido, día 25 de febreiro, é o turno da parroquia de Fao. Alí celébrase o Entroido de Fao. Comenzará ás 16.00 horas no Campo da Festa coa Rumba da Susita. Contará a continuación co discurso do ‘correo’ e dos ‘xenerais da Ulla’. Estos dous protagonistas abordarán en coplas a viva voz temas de actualidade política e do momento. Os ‘xenerais’ replicaránse e contrarreplicaránse ante os veciños e forasteiros que acudan ata o campo da festa de Fao. Tamén participará a ‘vellada coa súa troulada’. E non faltarán os ‘consellos dos frades’, que predicarán en verso as anécdotas acontecidas na parroquia de Fao. Tamén está previsto o tradicional enterro do entroido de Fao. E outras trangalladas
O 5 de marzo rematará o entroido no Concello de Touro. Chegará a Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. Os ‘xenerais da Ulla’ das parroquias de Bama e Fao serán os encargados de darlle colorido e emoción á ‘Feira do día 5’, tamén denominada ‘Feira do Entroido’. Os xinetes, cos seus cabalos e os seus uniformes napoleónicos, participarán nunha xuntanza ás 12.00 horas diante da sede do Concello de Touro. Lucirán as súas mellores galas e percorrerán as rúas da capital de Touro. Ás 12.30 horas está previsto o desfile pola feira de todos os personaxes tradicionais do entroido de Touro.
TOURO PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2020
-Domingo, 16 de febreiro. BAMA. 16.30 horas. Entroido de Bama. Campo da Festa.
-Martes, 25 de febreiro. FAO. 16.00 horas. Martes de Entroido. Entroido de Fao. Campo da Festa.
-Luns, 5 de marzo. FONTE DÍAZ. 12.00 horas. Fonte Díaz. Feira do Entroido. Desfile dos ‘Xenerais da Ulla’ e dos diferentes personaxes do Entroido.