Na reunión desta mañá, o organismo deulles luz verde a unhas partidas que se expoñerán no BOP nun período de 15 días para a presentación de reclamacións
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá a Xunta de Goberno do Consorcio para a Promoción da Música, en que tamén participou o concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, e que aprobou o orzamento para o exercicio 2020 por un importe de 9.520.021,81 euros. No apartado de gastos, os referidos ao persoal supoñerán 7.452.679,25 euros, mentres que destinará
2.036.298,07 a bens e servizos. Canto a investimentos reais, estes sumarán
35.511,69 e non haberá transferencias de capital. Nos capítulos de ingresos, un total de 1.211.923,52 euros corresponden a taxas, prezos públicos e outros;
8.323.085,49 euros proveñen de transferencias correntes e 2.000 euros de ingresos patrimoniais.
A Xunta de Goberno do organismo deulle luz verde tamén ao anexo de persoal, que comprende todos os postos de traballo reservados a funcionarias/os, persoal laboral e eventual. As partidas, as bases de execución e o cadro de persoal aprobados expoñeranse no prazo de 15 días no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no taboleiro de anuncios e sede electrónica do Consorcio, por se as persoas interesadas consideran oportuno presentar reclamacións.