Friday 22 de November de 2024

O pleno municipal de Ordes a favor de que se inste ao Goberno de Sánchez a devolver os 200 millóns do IVE a Galicia, cos únicos votos en contra do PSOE local


 

No pleno ordinario de novembro acordouse declarar o apoio a reivindicación da Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que ingrese as contías do IVE non liquidadas correspondentes a 2017, inclusive se fose preciso coa reclamación xudicial anunciada polo Presidente Feijóo esta mesma semana a maior brevidade posible.

O pleno ordinario do mes de xaneiro celebrado na tarde do pasado xoves contaba tan só coa orde do día formal sen tratar outros asuntos derivados da acción do goberno local. Logo da aprobación da acta da sesión anterior de data 18 de decembro, deuse paso aos informes de alcaldía, dar conta das resolucións e decretos de alcaldía dos pasados dous meses, mocións (1 do PSOE, 2 do BNG e 1 do PP), e un derradeiro punto de rogos e preguntas formuladas por tódolos grupos da oposición.

Informes de alcaldía: subasta campo de fútbol do Mesón do Vento.

No punto segundo o alcalde tomou a palabra na quenda de informes de alcaldía, para informar que a Axencia Tributaria comunicou o inicio da subasta en procedemento de enaxenación do campo de fútbol do Mesón do Vento, partindo da contía de 110.671,32 euros; en tramos de 2000 euros, e con data límite para presentación de ofertas o día 10 de febreiro.

Mocións.

A primeira moción presentada polos socialistas de Ordes, propoñía acordar a mobilización cidadá convocada para o 9 de febreiro en defensa da sanidade pública, así como aportar desde o concello buses para o transporte de veciñas e veciños que desexen trasladarase a manifestación. No debate e posterior votación, acadou o apoio a favor dos seus dous representantes, os tres do BNG e os dous asistentes de UXO, sendo rexeitada pola maioría de votos dos edís do goberno local (PP) ao non terse aclarado no acordo quen convocaba a manifestación, e defender que era totalmente inviable aportar diñeiro público para financiar desprazamentos de veciñanza a mobilización con un marcado carácter partidista. A voceira Susana García, solicitou que en canto a sanidade, que entende debe ser unha preocupación de todas as forzas políticas se actúe dando datos certos, como a realidade de que as contas autonómicas para 2020 recentemente aprobadas o orzamento para sanidade achegouse aos 4.109,6 millóns de euros, nada que ver coa exposición de motivos da moción que o voceiro socialista non quixo ler integramente na súa primeira quenda de intervencións.

A concelleira do BNG, dona Paula Castenda, dou traslado de unha moción para demandar a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a adopción das medidas oportunas para garantir unha atención de calidade no servizo de matronas para as mulleres de Ordes, e outros concellos da comarca; esta moción contou co voto a favor dos 16 concelleiros asistentes ao pleno.

A continuación o voceiro nacionalista, don Pablo Vidal, dou traslado ao pleno de unha moción sobre a ineficacia das conducións de pluviais nos lugares de Merelle-Mesón de Deus-Fonte Estrei, por mor dos asolagamentos do pasado 16 de xaneiro e anteriormente o 17 de setembro, reclamando un acordo para instar ao alcalde a manter contactos con Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, ao fin de analizar a situación na procura do problema, estudar e coordinar as actuacións precisas para dar solución ao mesmo, e demandar a urxente execución das medidas correctoras que eviten a réplica do problema no futuro. Nas quendas de intervención, os grupos de socialistas e unión por Ordes anunciaron o voto a favor da iniciativa, e o alcalde de Ordes, na súa quenda, dou conta de tódolos trámites feitos nos pasados meses, con persoal do servizo de explotación e conservación, así como da remisión de informes da policía local dirixidos a Demarcación de Estradas e ao Delegado do Goberno en Galicia, para dar conta da situación que acontece en este lugar do entorno do PK35 da N-550 en Merelle, así como do PK-32, o PK-27,2, o PK-36,9 e o PK-37,2 da mesma vía estatal, así como os problemas frecuentes do mal funcionamento das reixas de drenaxe na travesía de Santa Cruz de Montaos. O alcalde de Ordes, agradeceu a moción presentada, pero defendeu dar un voto de confianza as actuacións iniciadas con anterioridade por parte do equipo de goberno, e a que se materialicen os compromisos acadados por parte do vixiante de zona nos sucesivos contactos mantidos no tempo a este efecto. Finalmente aproveitou para recordar a necesidade de que se licite a rotonda que figura nos PXE2018 (aínda vixentes por atoparse prorrogados) no PK37 da N550, que xa sería unha realidade no caso de que Rajoy e o PP seguisen ao fronte do goberno da Nación. O voceiro nacionalista criticou que non se acadase un novo acordo unánime, que defendeu de forza ante o organismo estatal, si ven tamén dou coñecemento que pola súa conta xa enviaron sinaturas de veciñanza. Ante todo isto, o goberno votou en contra, e a moción non prosperou, pois todos e cada un dos puntos da mesma xa se atopan en trámite por iniciativa do goberno local de Ordes.

Dona Susana García Gómez, na súa condición de voceira do goberno, defendeu a única moción dos populares, co gallo de acadar o apoio da corporación a reivindicación da Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que ingrese as contías do IVE non liquidadas correspondentes a 2017, a que se aceptou unha emenda de engádego nacionalista “inclusive se fose preciso coa reclamación xudicial anunciada polo Presidente Feijóo esta mesma semana a maior brevidade posible”. A moción prosperou cos votos do goberno local, dos 3 edís nacionalistas, dos 2 edís de UXO e obtivo o voto en contra dos socialistas, que tirando de argumentario da sede Nacional e das declaracións da propia Ministra de Hacienda, queren facer ver que non hai dereito a devolución de tales cantidades. Cuestión está rebatida pola voceira do goberno, a que engadiu como tamén son as comunidades autónomas do PSOE as que solicitan a devolución do diñeiro que lles corresponde, ou como a propia Ministra, entón en funcións, en agosto de 2019 nun encontro co presidente autonómico se atopaba disposta a reintegrar as cantidades pendentes do IVE a nosa comunidade autónoma.

Rogos e preguntas.

Os tres grupos políticos da oposición unicamente trouxeron a este pleno rogos e preguntas, con diversas cuestións contestadas pola voceira, dona Susana García Gómez, ou polo propio alcalde.

As peticións dos socialistas nos rogos; eran un punto de auga en Poulo, cuestión xa incluía no proxecto Life Water Way 2017-2021 ao que está adherido o concello de Ordes dende outubro de 2016, e que vai facer posible ter unha fonte en Poulo e outra en Ardemil con tódalas garantías sanitarias para os peregrinos en este ano 2020; e que se faga unha nova solicitude para poder dotar de servizo de diagnóstico por imaxe ao centro de saúde de Ordes, cuestión esta atendida polo goberno local.

O grupo de UXO, plantexou como rogos; o arranxo de vías de servizo da N-550 no Mesón do Vento e melloras na biblioteca municipal de Ordes, coa colocación de mais enchufes eléctricos ao carón das mesas de estudio. Ambas admitidas tamén polo goberno.

Na quenda nacionalista de rogos; solicitouse a mellora da seguridade na intersección das rúas Ramón Ferreiro con Canteira, a mellora da accesibilidade pendente na rúa Compostela que xa se executou esta mesma semana, queixas do local de ensaio en canto a humidade e iluminación co gallo de atallar ditos problemas, e a non conformidade co replanteo do acceso ao centro sociocomunitario Isabel Zendal deseñada pola dirección de obra da actuación.

En canto as preguntas, os socialistas presentaron unhas imaxes da DP-2405 que agardemos arranxe canto antes a Deputación da Coruña, pois é unha obra contratada dende o 18 de outubro pasado, sendo realmente a súa preocupación o estado da pista de Morgade, por onde se executou parte da rede de abastecemento que conduce a Leira, e a seguridade na saída a vía principal no Mesón. O alcalde deixou claro que a reposición do firme na vía local farase en conto a climatoloxía e as probas de carga na nova rede o permitan, e indicou que se ten enviada unha solicitude de colocación de espello para mellorar a seguridade en este punto o 19 de marzo de 2018, actualmente sen resposta. As outras dúas preguntas de este grupo eran; unha en relación as colonias felinas, onde se acordou dar cumprimente ao que manda a Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia; e a derradeira a pedir unha mellor reciclaxe do lixo en centros públicos, informando que no concello e nos CEIP xa se estaba a cumprir co solicitado.

Para rematar o pleno, deuse conta das preguntas do BNG. En relación a limpeza de pluviais entregouse o informe da concesionaria de 2018 e 2019. Na da reconstrución do muro ao carón do cemiterio de Leira, as obras comezaron a pasada semana e estarán listas en un máximo de 2 semanas. E no referente aos tempos da tramitación das axudas de dependencia a voceira local e responsable da área de política social quedou en remitirlles datos mais concretos por non dispoñer de eles durante a sesión.