Para poñerlle imaxe á cita de marzo na Coruña, o deseñador coruñés xogou con oito puntos e un máis central, que son os equipos que competirán polo trofeo e a bóla e que conforman unha figura octogonal como a da planta da Torre de Hércules, atravesada por dous sticks
O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, presentou esta mañá o cartel da Copa do Rei e da Raíña de Hóckey patíns, que terá lugar na Coruña do 19 ao 22 de marzo, un deseño de Antón Lezcano en que concentra a esencia dun deporte que, para el é redondo, en puntiños coas cores do Estado e as galegas, colocadas de tal xeito que debuxan unha figura octogonal como a planta da Torre de Hércules. O edil recordou que hai dez anos que a Real Federación Española de Patinaxe non elixe como sede esta cidade “onde o stick forma parte do noso imaxinario” e desexou que o campionato teña un final feliz e a copa quede cerca da Torre.
Pola súa parte, Antón Lezcano explicou que a composición vén daqueles partidos que viviu sendo pequeno no Pavillón dos Deportes, onde os círculos delimitan a pista de parqué, que tamén está de fondo, e sobre a que superpuxo ese octágono en que cada círculo é un dos oito equipos masculinos e oito femininos que disputarán o trofeo cunha bóla no centro e dous sticks: “Ten certo toque vintage e lembra a eses carteis dos anos 80 e 90”. No acto, tamén participou o vicepresidente do Deportivo Liceo, Emilio Fernández, quen explicou que quixeron contar coa creatividade de Lezcano despois do éxito dunha campaña anterior realizada por el para a captación de persoas afeccionadas e afeccionados/as ao hóckey. Mañá terá
Nota de Prensa
lugar ás 12.00 horas no salón de plenos de María Pita o sorteo da primeira rolda de partidos.