Saturday 16 de November de 2024

Benestar Social asina un convenio de colaboración con CaixaBank para o programa de emerxencia social “A flote”


A concelleira Yoya Neira mostrou a súa satisfacción por ampliaren as liñas de cooperación entre a firma e o concello e confía en que estas sexan máis sólidas e fluídas no futuro

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, e o delegado territorial de CaixaBank en Galicia, Emilio Manuel Barreiro, asinaron un convenio de colaboración na sede da Fundación Emalcsa para o programa de axudas de emerxencia social “A flote”. No acto, en que tamén participou o responsable de acción social en Galicia de CaixaBank, Gonzalo Balseiro, e o director xerente da Fundación Emalcsa, Manuel Aguilar, formalizouse a aportación por parte da entidade bancaria, en colaboración coa Obra Social de “la Caixa”, de 10.000 euros, que se destinarán a sufragar gastos básicos que as familias coruñesas en situación grave de exclusión non poden afrontar tanto na alimentación como nos comedores escolares e na vivenda.
A edila mostrouse moi satisfeita ao ampliaren as liñas de cooperación entre a firma e o concello e confía en que esta colaboración sexa máis sólida e fluída no futuro. A inxección económica para “A flote” frutificouse ademais na recta final de ano, xusto cando hai máis necesidades pola celebración do Nadal.
A iniciativa que Benestar Social leva a cabo xunto á Fundación Emalcsa concedeu en 2019 un total de 417 subvencións, a maioría vinculadas a alugueiros,
Nota de Prensa

subministros, fianzas, equipamento básico e mudanzas, por un importe de 207.000 euros.