Friday 22 de November de 2024

Turoperadores interésanse en FITUR nos recursos náuticos de Arousa Norte


Unha intensa axenda está marcando a presenza dos alcaldes da Mancomunidade Arousa norte en FITUR, a feira internacional de turismo de referencia no sur de Europa que está tendo lugar estes días no recinto IFEMA de Madrid.

Así, despois de que con, gran repercusión, tivese lugar onte pola tarde a estrea oficial do vídeo divulgativo do Camiño de Santiago ‘A Orixe’ que une Corrubedo coa capital compostelá, os munícipes barbanzáns están a manter diversos encontros enfocados en promocionar de maneira conxunta os atractivos turísticos que atesouran Riveira, A Pobra, Boiro e Rianxo. Neste senso, ademais de entrevistarse coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e conversar co presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, concertáronse reunións de traballo con varios turoperadores interesados en coñecer e os recursos náuticos da nosa zona.

Salnés
Así mesmo, tamén se concertou outra reunión de traballo coa mancomunidade do Salnés co obxectivo afondar os lazos de cooperación entre as dúas bandas da ría de Arousa e alcanzar sinerxías sobre a base dun patrimonio hídrico único na xeografía galega e estatal.