A XVIII Carreira 10 K de Padrón xa está en marcha, onte abriuse a inscrición para todos aqueles interesados en participar, e esta mañá o Concelleiro de Deportes, acompañado por varios membros da corporación local, presentou o cartel oficial da Carreira. O prazo de inscrición de participantes pecharase o mércores 12 de febreiro de 2020 ás 23:59 horas, e poden realizarse a través da web www.emesports.es. A inscrición é gratuíta ata os 16 anos, e os adultos deberan aboar unha taxa de 6 euros.
As categorías establecidas para esta xornada deportiva son as seguintes:
Pitufo F/M:Nadas/os en 2016e posteriores.
Prebenxamín F/M:Nadas/os en 2013, 2014 e 2015
Sub 10F/M:Nadas/os en 2011e 2012
Sub 12F/M:Nadas/os en 2009 e 2010
Sub 14F/M:Nadas/os en 2007e 2008
Sub 16F/M:Nadas/os en 2005e 2006
Sub 18F/M:Nadas/os en 2003e 2004
Sub 20F/M:Nadas/os en 2001e 2002
Sub 23F/M:Nadas/os en 1998, 1999 e 2000
Senior F/M:Nadas/os entre 1985e 1997
MásterAmasc/fmno:Nadas/osentre 1974e 1984
Máster Bmasc/fmno:Nadas/os entre 1964e 1973
Máster C masc/fmno:Nadas/os en 1963e anteriores.
* As categorías pitufo e prebenxamín non son competitivas.
A recollida de dorsais realizarase o propio día da proba no Pavillón do Souto –Campo do Souto – entre as 11:30 e as 13:00 horas, ou dende as 15:00 horas ata media hora antes do inicio da proba-. Os atletas sen dorsal serán descalificados.
Ademais dos premios en metálico que oscilan entre os 200 e os 50 euros para os participantes a título individual, e entre 250 e 75 euros para os equipos
federados, haberá outros obsequios e agasallos por parte de Termas de Cuntis, Vermú St.Petroni e Supermercados Froiz.
A clasificación por clubes será establecida a través dos 10 primeiros corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o primeiro equipo que menos puntos acade. En caso de empate, gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º compoñente.
Na carreira haberá servizos de duchas, sinalización kilométrica, gardaroupa, fotografía profesional, avituallamento intermedio (km5) e en liña de meta, dúas ambulancias, dos médicos e dous sanitarios, seguro de accidente deportivo e servizo de masaxes.