Saen a licitación dúas obras para mellora de saneamento e abastecemento de auga en Ferreiros (Esteiro) e Arriba e Avesada (Serres)
A Deputación da Coruña investirá 446.478 euros no financiamento de dúas obras de mellora das infraestruturas de auga do Concello de Muros.
Ambos proxectos, financiados ao 100% polo Plan Único (POS+2019) veñen de saír a licitación na Plataforma de Contratación do Estado e suporán a construción dunha rede e abastecemento de auga potable no lugar de Arriba e unha rede de saneamento de augas residuais que dará servizo aos lugares de Arriba e Avesada, na parroquia de Serres; así como a construción dunha rede separativa de augas residuais e pluviais no lugar de Freixeiros (Esteiro).
Dende a creación do Plan Único hai tres anos, os concellos da provincia da Coruña investiron xa máis de 26,8 millóns de euros de fondos provinciais en 196 obras de mellora das súas infraestruturas de saneamento e abastecemento de auga.