A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá do colectivo a medalla da Batalla de Elviña, da que se cumpren 211 anos, xunto ao maquetista naval José Francisco Rodríguez, o doutor César Bonome e María Sande, en representación de CocaCola European Partnes Iberia
A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Asociación Histórico Cultural Royal Green Jackets, Manuel Arenas, presidiron esta mañá no salón de plenos o acto de entrega das medallas da Batalla de Elviña 18092020, que recibiron o maquetista naval, José Francisco Rodríguez; o doutor e anestesista do hospital San Rafael, César Bonome; María Sande, xefa de comunicacións de Coca-Cola European Partners Iberia, que a recolleu en nome da entidade; e a propia rexedora, quen valorou o traballo dun colectivo que “se empeña en manter viva a nosa memoria porque creo que esta é a única forma de sabermos quen somos”.
Rey recordou que hoxe se cumpren 211 anos deste capítulo en que as tropas británicas escaparon do asedio do exército de Napoleón e volveron a casa, 211 anos desde que o xeneral John Moore prognosticou o final no seu diario: “O destino quixo que aquí se lidase esta afronta que se pode ver reproducida neste salón e no Arco de Trunfo de París e que está rodeada de lendas como a da viúva de John Moore, Lady Hester Stanhope, de quen se conta que pulula en versión pantasma polos xardíns de San Carlos, onde están os restos do xeneral”.
Nota de Prensa
A alcaldesa animou á Asociación Histórico Cultural Royal Green Jackets a que siga realizando este labor divulgativo tan importante e a que se enfunden os traxes antigos cando a ocasión así o requira “para nos ensinar con recreacións o que pasou sobre o chan que pisamos. Pola nosa parte, temos a intención como Goberno local de non pasar por alto a historia e coidar o patrimonio desta cidade”.
Rey lembrou as actividades con motivo deste aniversario dentro dun programa que mañá se irá hasta San Carlos coa ofrenda tradicional e terminará no Real Club Náutico en forma de conferencia, a cargo de Mark Zbigniew Guscin, que presentará “Las Coruñas del mundo”. A música terá un oco igualmente nestes cinco días coa Forza Loxística Operativa (FLO) interpretando o venres o concerto de “Aniversario de la Batalla de La Coruña” para pasar a un sábado en que os exércitos francés e británico se levantarán en armas unha vez máis. Con eles, engadiu, escoitarase o ruído atronador dos canóns na Maestranza e aos membros de The Royal Green Jackets, “explicando por que aquí e non noutro sitio tivo lugar o que estes días se conmemora”.