Friday 22 de November de 2024

O convenio do concello con Cáritas permitiu recoller 36,5 toneladas de roupa usada en 2019 nos 6 contedores dispostos no municipio


Aumento dun 42% sobre o 2017 en que comezou o proxecto

 

O convenio de colaboración que en decembro de 2016 subscribiu o Concello de Riveira con Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela permitiu que ao longo do 2020 se puidesen recoller 36.504 kilos de roupa usada entre os seis contedores repartidos no municipio.

Isto significan 2.256 kilos máis (o 6,5%) que no 2019, no que o número de toneladas recollidas foi de 34.248, e 10.926 máis que en 2017 (isto é, o 42%), primeiro exercicio no que surtiu efecto o convenio de colaboración subscrito entre o Concello e Cáritas.

Cómpre lembrar que en virtude deste acorde e sen custe ningún para as arcais municipais, é esta organización benéfica a través da empresa de inserción Arroupa a que efectúa este servizo de recollida cun dobre propósito social (os labores son realizados por persoas en risco de exclusión) e medioambiental (reciclando e dándolle unha segunda vida a aquelas prendas en condicións de ser recuperadas).

En canto ao volume de recollida por contedores, o máis utilizado foi o que está situado na rúa Avenida da Coruña, con 7.868 kilos recollidos, seguido do da rúa Estatuto (7.308 kilos) e o de Palmeira (6.101 kilos).