Friday 22 de November de 2024

Padrón abre ata o 25 de xaneiro o prazo para pagar as taxas da instalación de atraccións feirais na Festa da Pascua


 

As festas este ano celebraranse entre o 5 e o 19 de abril

A Xunta de Goberno vén de abrir o prazo de pago das taxas para a instalacións de atraccións feirais na Festa da Pascua 2020, que terá lugar do 5 (Domingo de Ramos) ao 19 de abril (Domingo de Pascuilla). Deste xeito, as persoas que sexan titulares das autorizacións para a instalación de atraccións feirais, licitadas en 2017 ata 2020, dispoñen ata o 25 de xaneiro para proceder ao seu pago.

Así o recolle o Boletín Oficial da Provincia da Coruña, que publica hoxe a aprobación das datas de celebración da Festa da Pascua para este 2020. Para abonar as taxas, os usuarios terán que adxuntar o Modelo de autoliquidación que se recolle como Anexo A ao prego de condicións e que se pode descargar na páxina web do Concello (www.padron.gal).

En caso de que o adxudicatario non cumprimentase este pagamento no prazo sinalado, declararase extinguida a autorización e procederase á adxudicación dese espazo ao licitador coa seguinte oferta máis vantaxosa economicamente.

Unha vez realizados todos os trámites, os adxudicatarios poderán iniciar a montaxe das instalacións feirais o 29 de marzo de 2020, a partir das 19:00 horas, unha vez recollido o mercado dominical e realizada a limpeza do mesmo. As atraccións deberán estar desmontadas antes das 00:00 horas do 24 de abril.