Friday 22 de November de 2024

O Pleno aproba o orzamento xeral do 2020 co apoio de todas as forzas agás do PP


 

O voceiro socialista asegura que o documento contable distribúe os fondos públicos tendo en conta a todos os barrios da cidade e favorecendo o dereito á vivenda e o benestar social

O Pleno aprobou hoxe de maneira inicial o Orzamento Xeral e o cadro de persoal para o exercicio de 2020 cos votos a favor de todos os grupos da Corporación agás os do PP. O documento recolle unha previsión de ingresos e gastos equilibrados que ascenden a 260 millóns de euros e que están dirixidos a favorecer o impulso da actividade económica e a sustentabilidade medioambiental e garantir o benestar social, especialmente na mobilidade urbana.

O voceiro do Goberno local e concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Lage, explicou que o proxecto de orzamentos é o resultado de plasmar unha parte do programa de goberno que as e os socialistas presentaron hai seis meses, pero é tamén o resultado “dun proceso de diálogo frutífero cos grupos municipais da Marea Atlántica e do Bloque Nacionalista Galego”.

Un documento, dixo durante a súa intervención, onde prevaleceu o interese da cidade por riba de calquera interese partidario. “Os proxectos e as propostas compartidos con BNG e Marea teñen unha finalidade: dotar A Coruña duns orzamentos netamente progresistas e comprometidos coas necesidades da nosa cidade”, indicou.

Para os socialistas, este proxecto de orzamentos responde claramente a unha formulación netamente progresista e de firme compromiso coas necesidades da

cidade. Impulsáo unha maioría progresista e galeguista, con achegas de todos os grupos que quixeron ser propositivos e sumarse a un novo tempo. “Son 260 millóns de euros, pero detrás dunha cifra hai moito traballo, moito diálogo, moitas persoas que fan posible que A Coruña poida ter uns orzamentos municipais para executar durante o ano que estamos comezando”, dixo o voceiro.

Lage quísolle agradecer ao grupo municipal de Ciudadanos as súas propostas, e o seu ofrecemento que foi despois referendado co acordo do pasado venres, 27 de decembro. E lamentou que o Partido Popular, “que é un grupo relevante e que ten o noso respecto, xa que representa a moitas coruñesas e coruñeses, non fixese propostas nin quixese cooperar de forma construtiva nestes orzamentos”.

Lage Tuñas explicou que o orzamento municipal para o ano 2020 aséntase sobre os seguintes alicerces:
– O impulso ás políticas de reactivación económica, cunha clara aposta polas políticas de benestar social e un firme compromiso co medio ambiente, con especial incidencia na mobilidade urbana.
– O apoio a un orzamento expansivo, que reforce tanto o investimento como o gasto social e favoreza a mellora dos servizos públicos municipais.
– A distribución dos fondos públicos que teña en conta a todos os barrios da cidade e favoreza o dereito á vivenda e o benestar de proximidade.
– Unha decidida aposta polas políticas de igualdade.

Lage Tuñas reiterou unha vez máis a defensa dos intereses da cidade, por riba de calquera interese partidario “A Coruña é o primeiro, o segundo, e o terceiro, é a nosa prioridade, e polo tanto reclamaránselles á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado os investimentos necesarios para o desenvolvemento económico e social da cidade e da área metropolitana”,
O concelleiro socialista indicou que o Goberno local ten un compromiso coas coruñesas e coruñeses e que defenderá con firmeza, diálogo e cooperación

institucional os intereses da nosa cidade diante de todas as institucións, “teñan a cor

política que teñan as institucións”.

Lembrou que o acordo asinado cos grupos políticos da Marea Atlántica e do BNG que apoia o proxecto de orzamentos para o ano 2020 impulsará entre outras accións:
– O reforzamento dos servizos públicos municipais incrementando as partidas destinadas a dotar de máis persoal a departamentos centrais (servizos sociais, contratación, seguridade cidadá etc.).
– O incremento do gasto social, fortalecendo as políticas de benestar:

1. Ampliando o Servizo de Axuda no Fogar, cun novo SAD 5 (600.000 euros)

2. Ampliando as partidas destinadas a emerxencia e renda social que alcanzarán contías superiores aos 2, 4 millóns de euros no seu conxunto
3. Creando novas prestacións, coma o servizo de lavandería a domicilio pensado para persoas maiores de 80 anos, dotado na súa fase inicial con 120.000 euros, o que se estima que permitirá chegar a unhas 200 persoas beneficiarias.
4. Apostando polos programas que combaten a soidade das persoas maiores. Fortalecendo os programas de entidades que traballan en cooperación co concello neste ámbito tan relevante.
5. A posta en marcha dun Plan de Inclusión Social (partida específica de 20.000 euros para inclusión vinculada a itinerarios).
6. O incremento da dotación dos campamentos (asegurar a existencia de persoas coidadoras para atender a nenas e nenos con necesidades especiais). (Incremento de 15.000 euros máis).
7. Potenciación do servizo de canguraxe, incrementando os seus recursos e mellorando as prestacións. (Incremento da partida, pasa a 275.000 euros).

O Goberno local ten previsto establecer a gratuidade das escolas infantís municipais (0 a 3 anos) para o cal se destinan 473.000 euros. Ademais, quere consolidar os programas educativos, as bolsas de estudo no estranxeiro e incrementar os

recursos destinados ás políticas de igualdade, co obxectivo de chegar no 2023 ao

1% do orzamento municipal.

Lage anunciou que se encargarán os proxectos para dúas novas escolas infantís, unha no Ofimático e outra, combinada cun centro de día, entre Os Mallos e Vioño. “Destinaremos máis de 800.000 euros ao financiamento de obras en colexios e escolas infantís, para impulsar en 2020, con carácter plurianual, intervencións pendentes no CEIP María Pita, o CEIP Raquel Camacho, o CEIP Sanjurjo de Carricarte, o CEIP San Francisco Xavier e a EIM Os Cativos, entre outros centros”, explicou. Moitas destas actuacións, subliñou, deberían ser asumidas pola Xunta de Galicia, que “lamentablemente dende hai anos fai deixación de funcións no seu plano competencial e ten discriminada a cidade da Coruña no mantemento e na mellora dos centros educativos”.

O orzamento inclúe un incremento na partida de investimentos, con numerosas actuacións que se estenderán aos diferentes barrios da cidade e que permitirán contribuír ao desenvolvemento económico e ao equilibrio territorial da cidade. Actuacións nos barrios
Durmideiras:

Rehabilitación do mercado (1,2 millóns). Para licitar no primeiro semestre do ano. Accesibilidade da praia de San Amaro. Financiamento EDUSI
Monte Alto e As Atochas

Rehabilitación da praza e do mercado de Monte Alto (4.065.000 euros) Proxecto en revisión por parte de Edificación.
Continuación do Camiño do Vixía, no cruzamento de Vereda do Polvorín coa rúa

Santo Tomás (300.000 euros).

Rehabilitación da Bágoa de San Roque (450.000 euros). Encargarase un proxecto (asistencia técnica) cos orzamentos de 2020, baseándose no anteproxecto existente que se está a estudar.

Cidade Vella

Plan de revitalización e obras de urbanización en Cortadoría Damas, Rosario e segunda fase de Mestranza e contorno da Fundación Luís Seoane (3,3 millóns de euros). Rosario en fase de licitación, Cortadoría e Luís Seoane pendentes de autorización de patrimonio e Damas, pendente de revisión do orzamento. Financiación EDUSI.
Equipamento das Naves de Metrosidero (Plurianual con partida no orzamento 2020)

e proxecto da segunda fase (60.000 euros).

Pescaría e Orzán

Reurbanización de Panadeiras e a contorna de San Agustín e conexión entre os dous ámbitos. Estamos estudando a conexión no marco das determinacións do PEPRI e en relación coa actuación da contorna do mercado e de actuacións que promova Mobilidade.
Proposta de adquisición do edificio do Arcebispado de Oviedo na rúa Panadeiras. Plurianual.
Asistencia técnica para a redacción do proxecto de rehabilitación do edificio coa conexión peonil Panadeiras-San Agustín.
Redacción do proxecto de reurbanización do contorno do mercado de San Agustín,

80.000.

Redacción do proxecto de execución para a renovación da rúa Panadeiras (100.000 euros).
Redacción do proxecto de execución para a reurbanización dos Cantóns e apertura do porto á cidade.
Ensanche, praza de Pontevedra, parque de Santa Margarida e As Pontes Demolición do viaduto da Rolda de Nelle (1,2 millóns). Adxudícase na xunta de mañá, execútase no primeiro semestre de 2020.
Reurbanización da rúa Pintor Joaquín Vaamonde (320.000 euros). Encargarase redacción do proxecto cos orzamentos de 2020.

Cidade Escolar, Tolerancia, Labañou e vivendas María Pita

Área deportiva multideporte e parque biosaudable a carón do parque infantil

(plurianual).

Proxecto de Infraestruturas para a rehabilitación do Hórreo de San Roque. Dende a Área de Infraestruturas estase en contacto coa xunta de compensación para a montaxe do hórreo.
Asistencia técnica para a redacción do proxecto carril bici dende o Paseo de Ronda ate Gregorio Hernández (conexión co de rolda de Nelle). Estudarase como continuación dos previstos en Rolda de Nelle e Manuel Murguía/Náutica, non hai proxecto.
Reurbanización do espazo público do grupo de vivendas de María Pita, por contrato de mantemento. Proxecto entregado pendente de presentación á veciñanza.
Os Rosales

Bosque das Cinco Illas. Financiamento EDUSI

Reurbanización do Camiño do Cura. Previsto por contratos permanentes. Xa aprobado en XGL.
Agra do Orzán

Remodelación da praza das Conchiñas. En licitación.

Reurbanización da rúa Pascual Veiga. Asistencia técnica. Encargarase o proxecto cos orzamentos de 2020.
Asistencia técnica para redacción do proxecto de rehabilitación do Muíño da

Gramela.

Posibilidade de ampliación das hortas urbanas.

Ventorrillo e A Silva

Glorieta en Alcalde Jaime Hervada, intersección co acceso á Silva. Contrato de mantemento.
Remodelación do Centro Cívico da Silva, dotación plurianual. Xa previsto en

Centros Cívicos (partida global de 450.000 euros).

Sagrada Familia

Continuidade do proxecto de ampliación da biblioteca nos locais anexos (proxecto

EIRALAB).

Renovación da rúa Río Ulla por contrato de mantemento. Demandas de accesibilidade.
Reforma da praza da Igrexa de San Rosendo. Contrato de mantemento. Está renovada da lexislatura 2011-2015.
Os Mallos

Asistencia técnica para a redacción do proxecto para a escola infantil e centro de día entre Vioño e Sagrada Familia.
Obras da avenida do Ferrocarril para acceso á estación intermodal. (400.000 euros). Reurbanización da rúa Puga y Parga con carril bici.
Reurbanización da rúa Pardo de Cela con carril bici (99.714 euros). Todo con financiamento previsto.
Catro Camiños e San Pedro de Mezonzo

Pista de skate baixo o viaduto de San Pedro de Mezonzo (60.000 euros). Continúase co proxecto e amplíase o ámbito.

Castrillón

Execución da obra do complexo deportivo-Castrillón-Piscina. (EMVSA)

Asistencia técnica para a redacción do proxecto e urbanización do espazo libre obtido no interior do rueiro de José M.ª Hernansáez. Xa en estudo dende Infraestruturas para encargar o proxecto a comezos de 2020.
Resolver a accesibilidade universal entre o centro de saúde e Carricanta. A través dos contratos de mantemento. En estudo global as melloras de accesibilidade en todo o barrio de Castrillón.
Redacción do proxecto e reurbanización da rúa Rafael Bárez. Encargarase o proxecto cos orzamentos de 2020, xa hai esquemas que se están a estudar.
Eirís

Campo de fútbol. (1´6 millóns de euros, de anos anteriores, que se poderán executar neste ano).
Proxecto de rexeneración do núcleo de Eirís de Abaixo. Saneamento no Foxo. Existe proposta e valoración económica. Apertura da rúa Terranova de Eirís na súa conexión coa Avenida.

Parque Ofimático

Proxecto de urbanización do resto do barrio.

Solucións alternativas a través dunha MESA TÉCNICA para afectadas/os de San

Vicente de Elviña.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto para unha escola infantil.

Execución do viario Santa Teresa de Jornet (287.000 euros). Proxecto redactado por parte de Infraestruturas da conexión entre Teresa de Jornet e o Ofimático. Rehabilitación da fonte dos caños, a través dos contratos de mantemento. Matogrande
Acondicionamento como zona de esparexemento da parcela que acollía a planta de GLC, que o PXOM cualifica como Espazo Libre. Contratos permanentes de mantemento.
Barrio das Flores

Redacción do Plan Director. Licitarase a principios de 2020.

Nova fase de melloras na urbanización na praza central. Contrato de vías públicas.

Monelos/Elviña

Mellora do aparcamento da Praza Isaac Díaz Pardo (241.963,39 €). POS

Deputación

Rehabilitación do edificio García Sabell (financiamento DUSI).

San Pedro de Visma

Falta a cuantificación económica dunha posible área deportiva multideporte (no aparcadoiro máis elevado do Parque Adolfo Suárez).
Mellora das beirarrúas (e resolución de barreiras arquitectónicas) na rúa San Pedro de Visma.
Rotonda no cruzamento da rúa San Pedro de Visma e a estrada provincial DP-3003.

Novo Mesoiro

Redacción do estudo para a creación dunha biblioteca pública que dea servizo ao barrio. (20.000 euros).
Estudo para dotar dunha estrutura pública cuberta na zona verde e reorganización das áreas de xogo para posibilitar o uso de todas as idades.

Oza/Gaiteira/Os Castros

Pérgola cuberta en San Diego, Parque de Oza ou Parque Europa.

Beirarrúas de Casablanca a centro de saúde Monte das Moas (redacción do proxecto). Contrato de mantemento.
Beirarrúas na rúa Montes e San Diego (melloras). Contrato de mantemento.

Rúas Carballo e González Chas. (redacción de proxecto). Contrato de mantemento.

Palavea

Dotación económica para o Centro deportivo da Fábrica de armas. Deportes.

Senda fluvial de Río de Quintas, hortas urbanas e paneis informativos nas paradas de autobús. Medio ambiente. Financiamento EDUSI
A Zapateira

Saneamento na rúa Bordeos (177.000 euros), en licitación para executar en 2020. Saneamento separativo na rúa Venecia (256.000 euros), en licitación en 2020. Saneamento separativo na rúa Helsinki (139.000 euros), co proxecto redactado e para licitar.
Bens

Reposición do firme e melloras de seguridade na estrada e área de xogo infantil.

O Campanario

Mellora do firme na Praza Central e lombos de seguridade (rúa Barracóns).

Feáns

Reurbanización do Camiño de Campos.

Ampliación e mellora do centro cívico. Benestar Social.

Bosque de Breogán. Si. Financiamento EDUSI. Medio ambiente.

Nostián

Nova fase de reurbanización e instalación de saneamento separativo.

Mesoiro Vello

Zona de lecer/Campo da Festa.

San Vicente de Elviña

Parque infantil ao carón do Relámpago. Reurbanización do lavadoiro / Praza do Relámpago

Monte Mero

Rede de sumidoiros no Foxo. Existe proposta e valoración económica.

Doutra banda, o Goberno local, dixo, pretende garantir o seu compromiso coa dinamización económica e a xeración de emprego, a través de distintas medidas como a creación dun Consello Económico e Social, a elaboración dun plan de desenvolvemento económico para A Coruña e área metropolitana, a elaboración dun plan de dinamización do comercio ou a realización dun estudio para avaliar a posta en marcha dunha bolsa de baixos comerciais en réxime de aluguer.

Tamén se reforzarán as políticas orientadas a garantir o dereito á vivenda, mediante o impulso á rehabilitación e eficiencia enerxética e a creación dunha bolsa de vivenda en aluguer, para a cal se dispón de 450.000 euros neste ano 2020.
Lage explicou na súa intervención durante o Pleno, que se dará un novo impulso á rehabilitación de vivenda e ás mellores en eficiencia enerxética, diversificando o obxecto das convocatorias de axudas e as formas de acompañamento da Administración. Haberá novas convocatorias de subvencións á rehabilitación con fondos municipais e desenvolvemento das Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) e de Áreas de Rexeneración e Renovación Urbanas (ARRU), entre elas as do Grupo María Pita, para o que se reservarán 1,2 e 1,45 millóns de euros, respectivamente.
A aposta polas políticas ambientais traduciranse na constitución dun operador enerxético municipal que impulse políticas de transición enerxética e na expansión e mellora das zonas verdes da cidade. Tamén impulsarán o Plan de Acción da Estratexia de Infraestrutura Verde ao tempo que se actualizará a Estratexia contra o Cambio Climático e o seu correspondente plan de adaptación, para o cal tamén se dota unha partida no orzamento do 2020.

O reforzo da Rede de Centros Cívicos municipais, con numerosas actuacións que permitan manter e mellorar os equipamentos veciñais, a elaboración dun Plan integral de accesibilidade, (dotado con 75.000 euros para o período 2020-2021) son outras das medidas reflectidas no documento.

En 2020, explicou Lage, impulsarase a reforma global do mapa das liñas do autobús urbano, co obxectivo de aumentar as frecuencias nos barrios peor comunicados. Ademais, implantarase unha nova liña metropolitana que conecte as vías de entrada na cidade coas estacións de autobuses e tren, o polígono de Agrela e o centro comercial Marineda. Fomentarase a cultura do transbordo e mellorarase a conectividade dos centros hospitalarios e de saúde con paradas, liñas e frecuencias. O horario do bus nocturno ampliarase na fin de semana e acondicionaranse as paradas do bus urbano para que sexan accesibles e máis confortables e operativas e revisión da concesión das marquesiñas.

Ademais de executar novos carrís bici de Pardo de Cela e Puga y Parga e o metropolitano da nova glorieta de San Diego, actuacións xa proxectadas, continuarase coa ampliación da rede ciclable e o reforzamento de Bicicoruña coa introdución da bici eléctrica e a instalación de 27 novas estacións, seguindo sempre criterios de equilibrio territorial para dar cobertura a todos os barrios. Incrementaranse tamén en 10.000 euros os fondos destinados á modernización do servizo de taxi (combustibles alternativos, vehículos adaptados etc.).
O Goberno local traballará por unha cidade accesible, camiñable co redeseño de vías, prazas, parques e rotondas, de maneira que se acurten camiños e minimicen os rodeos coa elaboración dun Plan integral de accesibilidade, (dotado con 75.000 euros para o período 2020-2021) Ademais, tal e como explicou Lage, reforzarase o compromiso das políticas municipais coa cultura e a lingua galega.

Outras medidas que aparecen no documento:

– Mellora dos comedores escolares e a accesibilidade dos CEIP

– Incrementar a dotación de Coruña Educa para programas de educación sexual, educación na igualdade e prevención das adicións.
– Incremento do financiamento das saídas escolares para evitar situacións de exclusión (custo 0 para as familias).

– Recuperación da Semana do Libro e da Festa do libro. Partidas específicas de

75.000 euros para estas dúas accións culturais.

– Partida económica incrementada para mellorar a dotación para adquirir libros e xornais para as bibliotecas. (10.000 euros máis)
– Plan de fomento da lectura (20.000 euros).

– Mellora das instalacións do Arquivo Municipal

– Modernización dos Museos Científicos Coruñeses

– Incremento da dotación á Banda de Música Municipal

– Incremento da dotación para a recuperación da memoria democrática. (total de

110.000 euros).

– Incremento e mellora das instalacións deportivas. (Partidas económicas de máis de 2.345.000 euros).
– Obra do rocódromo en Riazor con 129.000 euros.

– Pista de skate en San Pedro de Mezonzo.

– Acondicionamento do Rexistro Municipal asegurando a accesibilidade. (Proxecto complexo con máis de 210.000 euros).