O Centro Cultural Lustres Rivas foi obxecto da entrega de diplomas aos vintecinco veciños e veciñas participantes nos dous obradoiros de cerámica de Nadal organizados por primeira vez polo Concello de Riveira no marco da programación destas festas.
A concelleira de Cultura, María Sampedro, foi a encargada de facer entrega destes diplomas nun acto no que se exhibiron tamén boa parte das pezas elaboradas nestes talleres gratuítos, cada un dos cales tivo unha duración de catro horas distribuídas en dúas xornadas.