Friday 22 de November de 2024

O Concello de Boqueixón adquire un novo camión para a recollida de lixo


O goberno local de Boqueixón recibiu hoxe o novo camión para a recollida de lixo que adquiriu co remanente de tesouraría do ano 2017. O vehículo ten capacidade de 17 m3, e pode cargar ata 7 toneladas de lixo. Pero, sobre todo, destaca polas súas prestacións en materia de seguridade e pola súa dotación tecnolóxica. O novo camión mellora os sistemas de seguridade, xa que dispón dun mecanismo para evitar que ninguén quede atrapado, e conta ademais cunha cámara de seguridade para que o condutor poida comprobar que o seu compañeiro na parte traseira vai seguro e non corre riscos.

Outras das características do novo transporte para o lixo é o seu sistema adaptable aos distintos tipos e medidas dos contedores, e o cambio automático para evitar o desgaste. Este novo vehículo substitúe ao anterior, que xa estaba deteriorado e que, por tanto, comezaba a xerar gastos de mantemento.