Thursday 21 de November de 2024

O Concello abre a rúa Sol durante o Nadal


 

Os traballos de mellora da zona continuarán unha vez finalicen as festas

A rúa Sol está aberta tanto ao tráfico rodado como aos peóns. O servizo de Infraestruturas do Concello apurou estes días os traballos de reforma da rúa Sol para poder abrila ao tráfico durante o Nadal. Trátase dunha apertura provisional, explican desde a concellería. Os traballos continuarán unha vez finalicen as festas, xa que quedan zonas sen rematar e con acabado provisional. As condicións meteorolóxicas marcaron o ritmo das obras, xa que a choiva e os temporais frenaron que moitos días se poidese traballar coa mesma velocidade.

A concellería de Urbanismo e Infraestruturas sinalou que ata o momento realizáronse os labores de renovación do pavimento da calzada e da beirarrúa desde a rúa Do Socorro ata a esquina dos soportais polo lado esquerdo, e no dereito ata a confluencia coa rúa Hospital. Ademáis, completouse a rede de pluviais e a canalización municipal por ambas beirarrúas. Tamén renovouse o paso peonil na rúa Sol coa rúa Pedro Barrié de la Maza

A intención do Concello é a de retomar os traballos a partir do día 7 de enero. O proxecto inclúe a mellora da contorna do edificio Municipal de Festas e o cruce coa rúa Hospital, no que se levarán a cabo obras para instalar zonas verdes con céspede e flores.